Guía de procedementos e servizos

MR440D

Axuda para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 30/12/2016 00:00 - 30/01/2017 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2017.

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales as persoas físicas ou xurídicas privadas que operen principalmente na produción e/ou comercialización dos produtos do sector do viño mencionados no anexo IV desta orde.

b) As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro así como as organizacións profesionais e os grupos definidos no artigo 3, número 2, do Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, e as asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

c) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 2 do artigo 8 do Real decreto 597/2016, non serán admisibles as solicitudes de axuda de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Avenida do Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540168 / 981540027

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/12/2016 00:00 - 30/01/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Os beneficiarios deberán demostrar que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos suficientes para asegurar que a medida se implementa o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

  • As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

    – Memoria que deberá conter, polo menos, a información prevista no anexo II.

    – Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes na copia do NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e a copia do DNI no caso de persoa física. En ambos os dous casos só será necesario a súa presentación se o solicitante denega expresamente a súa consulta.

    – Copia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.

    – Copia compulsada das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

    – Copia das declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    –- Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

    – Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe xuntarse, ademais, un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.

    – Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo X debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2016).

    • Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2017).

    • Resolución do 12 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG302A

Avais do Igape.

Aberto todo o ano

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano