Guía de procedementos e servizos

IG410A

Axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 19/08/2016 00:00 - 19/09/2016 23:59

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Fomentar a competitividade, a innovación e a cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras galegas consolidadas para a realización de actividades neses eidos.
1. As agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras segundo a definición do Regulamento (UE) 651/2014 que cumpran todas estas condicións:

a) Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que un mínimo dun 50 % dos seus asociados empresariais dispoñan dun centro de traballo en Galicia.

b) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster cunha antigüidade mínima de tres anos.

c) Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

d) Que teñan en vigor na data da solicitude o recoñecemento como AEI (agrupación empresarial innovadora) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clústeres expedida pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis) en vigor na data da solicitude.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras que cumpran coas condicións a), b) e c) do número anterior e, ademais, as seguintes:

a) Ámbitos de actividade. O clúster deberá cumprir cando menos unha das dúas seguintes condicións:

i) Representar un ámbito de actividade cuxa facturación conxunta en Galicia supere a barreira do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2015.

ii) Representar un ámbito de actividade/sector definido como prioritario segundo a orientación sectorial do documento Axenda da Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0 aprobado polo Consello da Xunta o 13 de maio de 2015.

b) Representatividade. A entidade xestora do clústeres deberá ter como socios directos un número de empresas que cumpra cando menos con dous dos tres seguintes requisitos:

i) 30 % da facturación do ámbito de actividade englobado.

ii) 10 % das empresas do ámbito de actividade.

iii) 20 % do emprego do ámbito de actividade.

c) Capacidade tecnolóxica e de innovación. O clúster deberá contar con centros tecnolóxicos propios ou postos á súa disposición mediante colaboración con outras entidades. Neste último caso, só se considerarán válidos para estes efectos os acordos de colaboración con contidos específicos respecto da innovación e a tecnoloxía e rexeitaranse os acordos con contidos de carácter xeral, de xestión ou administrativos aínda que estean asinados con centros ou institucións tecnolóxicas.

d) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

e) Capacidade de execución de proxectos implicando aos seus asociados. O clúster deberá acreditar esta capacidade mediante memoria de actividades realizadas nos últimos 3 anos, enumerando e describindo brevemente os proxectos desenvolvidos xunto cos seus asociados ou promovendo a súa participación, tivesen ou non financiamento público. Considerarase que ten esta capacidade se acredita a execución de polo menos dous proxectos por ano.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/08/2016 00:00 - 19/09/2016 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

  • Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación:

    a) DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    b) NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    d) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.

    e) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se e o caso, no rexistro competente.

    f) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da entidade solicitante.

    g) Memoria de actividades nos últimos tres anos para o caso das agrupacións do artigo 1.2.

    h) Memoria que conteña toda a información necesaria para a valoración da solicitude segundo os puntos do artigo 6: importancia do ámbito de actividade na economía galega, fortaleza da entidade clúster, capacidade de dinamización de empresas asociadas, capacidade de mobilización de proxectos, adecuación da proposta, actuacións que se van desenvolver e aliñación cos obxectivos estratexicos da Axenda de Competitividade, plan de actuación do ano en que se presente a solicitude e os previsionais para as dúas anualidades seguintes, o seu financiamento co orzamento corrente e os obxectivos de resultado e recursos humanos dedicados.

    i) Descrición da cadea de valor do clúster segundo o anexo III.

    j) A certificación e/ou declaración dos custos de persoal a que se refire o artigo 5.2.a).

    k) Se for o caso, a etiqueta Bronze ou Gold en vigor emitida pola ESCA.

    Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns ao servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.4. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, que constan na sede do solicitante á disposición do Igape.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. (DOG nº 155 del 18 de agosto de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002