Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT403B
Subvencións á produción escénica.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2017.
A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, estreada entre o 1 de abril de 2017 ata o 31 de marzo de 2018. A produción deberá iniciarse no exercicio 2017.
1. Dentro dos límites orzamentarios e, de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, quedando exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
31/12/2016 00:00 - 30/01/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No suposto da modalidade 1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
1. Ás solicitudes dos interesados xuntaranse os documentos e informacións previstos no parágrafo seguinte, salvo que a documentación exixida xa estivese en poder da Agadic; neste caso, o solicitante poderase acoller ao establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e quedará eximido da súa presentación, sempre e cando así o faga constar e especifique a data e o órgano ou a procedencia en que foron presentados ou emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan; todo isto de conformidade co estipulado no artigo 20.3 da Lei de subvencións de Galicia.
2. Ademais da solicitude, os interesados nestas subvencións presentarán a seguinte documentación:
2.A. Con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:
1º. Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
2º. Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (empresas de espectáculos), no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
3º. DNI ou NIE do representante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
3º. Se o solicitante e unha persoa xurídica:
Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda;
Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.
Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
No suposto de se tratar de sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda, debendo igualmente facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).
Así mesmo, deberáselle exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2.B. Documentación específica:
2.B.1. Memoria do proxecto (en tamaño A4 e sen encadernar), que inclúa separadamente o tratamento, por parte dos solicitantes, dos seguintes puntos:
2.B.1.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.
2.B.1.2. Estratexias de difusión e promoción do proxecto.
2.B.1.3. Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escenicas.
2.B.1.4. Viabilidade tecnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.
2.B.1.5. Memoria de dirección.
2.B.2. Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.
2.B.3. Memoria da empresa (anexo II).
2.B.4. Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo III). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidos no anexo.
2.B.5. Ficha de produción (anexo IV).
2.B.6. Historial do elenco artístico (anexo V). Só se terán en conta os meritos que xunten a debida acreditación.
2.B.7. Plan económico financeiro (anexo VI).
2.B.8. Compromiso de contratación dos integrantes do elenco artístico, asinado tanto pola empresa como polo traballador, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escenicos e referidos os salarios ao convenio en vigor (anexo VII).
2.B.9. Acreditación documental dos premios á compañía do anexo II, da memoria das actividades realizadas do anexo III e do historial do elenco artístico do anexo V.
A documentación complementaria presentarase por vía electrónica por aquelas persoas obrigadas a esta. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 23 de decembro de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2017 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano