Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT402D
Subvencións a salas de artes escénicas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente.
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
5. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
E, supletoriamente:
d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
e) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
Na concesión das subvencións seguirase un procedemento de concorrencia competitiva.
Gastos subvencionables.
Só se admitirán como gastos subvencionables os efectivamente pagados con anterioridade ao remate da xustificación, que indubidablemente sexan custos vinculados ao funcionamento da sala e ao desenvolvemento do proxecto de programación presentado con data comprendida entre 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017, e que se inclúan entre os seguintes:
- Gastos do persoal contratado (salarios e cotizacións sociais) vinculado ao proxecto e dos socios traballadores, cun límite global do 40 % do gasto total do proxecto, e con límite por traballador de 2.000 euros brutos mensuais.
- Gastos xerais do funcionamento da sala: alugueiros, subministracións, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestoría, cun límite do 40 % do gasto total do proxecto.
- Gastos vinculados á programación (remuneración por espectáculos, gastos por servizos asociados á programación, dereitos de autor, gastos de difusión e publicidade).
Non serán subvencionables os gastos relativos:
- Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.
- A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2017. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a cal solicita a axuda na actividade correspondente.
A entidade subvencionada asume a obriga de cumprir a presente convocatoria e, en concreto, as obrigas seguintes:
1. Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións coa entidade subvencionada.
2. Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais
Departamento de xestión
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996070
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
24/12/2016 00:00 - 23/01/2017 23:59
Un mes, desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Ademais da solicitude, os interesados nestas subvencións presentarán a seguinte documentación, mediante copia compulsada ou debidamente autenticada:
Documentación xeral:
DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
Se o solicitante e unha persoa xurídica:
Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
DNI ou NIE do representante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.
Documentación específica:
Copia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito que acrediten a dispoñibilidade da sala por parte do solicitante.
Licenza de apertura do espazo.
Contratos laborais do persoal vinculado ao proxecto.
Ficha do proxecto de programación (anexo II).
Plan de comunicación e xestión de públicos coa explicación detallada do plan de accións de comunicación e márketing correspondente.
Plan económico financeiro (anexo III).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presente deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
A documentación complementaria presentarana por vía electrónica aquelas persoas obrigadas a ista. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 16 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases de subvencións para salas de artes escénicas e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2016).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2017 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano