Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT215B
Subvencións a festivais do sector audiovisual.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais de cine de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.
2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.
3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto de calquera organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.
5. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
As persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
27/12/2016 00:00 - 26/01/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para poder optar ás subvencións, o festival ten que cumprir os requisitos seguintes:
a) Que se leve a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro.
b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.
c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria.
d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.
Quedarán excluídos de subvención aqueles festivais que non alcancen un mínimo de 50 puntos nos criterios de valoración. Non terán dereito a recibir axuda aqueles festivais que non alcancen, polo menos, 15 puntos na letra B da base décimo primeira (valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención). Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades subvencionadas, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
Ademais da solicitude Anexo I, os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante orixinal ou fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:
a) Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.
b. Se o solicitante e unha persoa física, DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
c. Se o solicitante e unha persoa xurídica,
Copia compulsada ou cotexada do NIF ou documento equivalente, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
Copia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda;
Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude
DNI ou NIE do representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
d. Documentación específica requirida:
Ficha do proxecto (anexo II).
Memoria completa e detallada do proxecto para o cal se solicita a subvención, que se axustará aos criterios de valoración especificados na letra B da base decimo primeira, e que se xuntará co anexo III:
Memoria económico-financeira, que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base decimo terceira, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo III).
Memoria da edición do festival inmediatamente anterior á edición que se presenta á subvención, na cal se detalle a súa antigüidade e as especificacións axustadas aos criterios de valoración que aparecen na letra A da base decimo primeira. Esta memoria irá acompañada dunha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Agadic poderá comprobar en calquera momento.
Dossier de prensa da edición do festival inmediatamente anterior á edición que se presenta á subvención.
Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.
A documentación complementaria presentarana por vía electrónica aquelas persoas obrigadas a iso. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A documentación poderá ser entregada tamen en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Para a contestación do requirimento empregar a ficha do proxecto para a emenda.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 16 de decembro de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais do sector audiovisual e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 245 do 26 de decembro de 2016).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2017 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano