Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN201E
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Solicitude de marca de "Artesanía de Galicia"
Se vostede é titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, poderá solicitar perante a Xunta de Galicia a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e en elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas, papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.
A concesión do uso do distintivo será por un período de dous anos, podéndose renovar coa presentación dunha nova solicitude.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545599 / 881999178
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
16/11/2015 00:00 - 07/11/2018 23:59
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE da persoa física solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Para establecementos de venda: Declaracións expresa de que o obradoiro consta inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (Anexo II).
Copia do NIF de persoa xurídica solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Certificado de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) ou do último recibo ou cobramento, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Documento acreditativo da representación no caso de actuar con representante.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
-
Orde do 31 de xullo de 2001 pola que se regula o procedemento para a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG nº 164 do 24 de agosto de 2001).
-
Orde do 17 de setembro de 2007, pola que se modifica a do 31 de xullo de 2001, pola que se regula a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG nº 191 do 2 de outubro de 2007).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano