Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR821A
Autorización para acollerse ás axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da seguridade social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Esta orde ten por obxecto o establecemento, para a Comunidade Autónoma de Galicia, de normas de carácter permanente para a xestión do procedemento das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
En todo o non establecido nesta orde observarase o disposto no referido Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Persoas afectadas por despedimento colectivo en virtude do artigo 51 e personas traballadoras despedidas en virtude do artigo 52.c) do Estatuto dos Traballadores.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743 / 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
06/09/2014 00:00 - 07/06/2018 23:59
Despedimento colectivo: nos quince días seguintes á comunicación / Persoas traballadoras despedidas: nos quince días seguintes ao despedimento.
Requisitos segundo o artigo 3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro:
1. Ter cumprida unha idade, real ou teórica por aplicación de coeficientes redutores de idade, que sexa inferior en catro anos, como máximo, á idade que en cada caso resulte de aplicación segundo o establecido no artigo 161.1.a) e na disposición transitoria vixésima do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño. Para os efectos de determinar a devandita idade legal de xubilación considerarase como tal a que lle tivese correspondido ao traballador tendo en conta as cotizacións correspondentes ao período de percepción da axuda.
2. Ter cuberto o período de cotización esixido para causar dereito á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva no réxime da Seguridade Social de encadramento ao alcanzar a idade legal para o acceso á mesma que en cada caso resulte de aplicación de conformidade co establecido no apartado anterior.
3. Acreditar unha antigüidade mínima na empresa ou grupo de empresas de polo menos dous anos no momento da solicitude do recoñecemento, prevista no artigo 6.1. do Decreto 3/2014, do 10 de xaneiro. No caso de traballadores con contrato a tempo parcial ou fixos discontinuos a antigüidade computarase de data a data dende a data de ingreso na empresa, ata a data do despedimento.
4. No caso de traballadores afectados por despedimento colectivo, non poderán transcorrer máis de catro anos entre a data de comunicación do acordo alcanzado no período de consultas á autoridade laboral competente, e a data de acceso dos traballadores ao sistema de axudas previas.
5. Encontrarse inscritos nas oficinas de emprego como demandantes de emprego no momento da concesión da axuda, salvo o previsto no artigo 8.2 do Decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, ter esgotado a prestación contributiva por desemprego, no caso de que tivesen dereito a esta e non ter sido obxecto de sanción durante o período de cobramento mesma, como consecuencia dalgunha infracción das previstas no texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que implique a perda do dereito á prestación por desemprego. Se a sanción implica a suspensión temporal do cobramento desta, o inicio da percepción da axuda atrasarase polo mesmo período de tempo en que quedase suspendida a prestación por desemprego.
6. Non estar incursos nalgunha causa de incompatibilidade para percibir a axuda, nin nalgún dos supostos previstos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
Solicitude segundo o Anexo I desta orde, acompañada da seguinte documentación:
Memoria en que se farán constar os motivos polos cales se solicitan as axudas.
No suposto de que as persoas traballadores sexan afectadas polo artigo 51 do Estatuto dos traballadores:
Documentación que acredite a posta á disposición das persoas traballadoras da indemnización correspondente (artigo 53.1.b) do Estatuto dos traballadores).
No suposto de que as persoas traballadores sexan afectadas polo artigo 52.c) do Estatuto dos traballadores.
Copias das comunicacións da concesión ás persoas traballadoras do prazo de aviso previo (artigo 53.1.c) do Estatuto:
Copias das comunicacións da concesión ás persoas traballadoras do prazo de aviso previo (artigo 53.1.c) do Estatuto dos traballadores).
Copias das comunicacións, por escrito, dos despedimentos ás persoas traballadoras (artigo 53.1.a) do Estatuto dos traballadores).
Documentación que acredite a posta á disposición das persoas traballadoras da indemnización correspondente (artigo 53.1.b) do Estatuto dos traballadores).
Documento mediante o cal a representación das persoas traballadoras autorice a empresa para presentar a solicitude (soamente cando sexa obrigatoria a presentación conxunta por ambas as partes).
Os distintos anexos deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamen se poderán presentar os anexos en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 169 do 5 de setembro de 2014).
-
Resolución do 7 de outubro de 2014 pola que se publica o crédito para o exercicio 2014 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 202 do 22 de outubro de 2014).
-
Resolución do 4 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2016 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 222 do 21 de novembro de 2016).
-
Resolución do 9 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2017 das axudas recollidas na Orde do 27 de agosto de 2014 pola cal se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas (BOE nº 25 do 29 de xaneiro de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano