Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AP522T
Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado de solicitude que se xunta como anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 publicada no DOG núm. 39 do 26 de febreiro (código de procedemento administrativo AP522T), así como a outros modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento de presentación de solicitudes (anexos II e III da dita orde).
A todos os cidadáns que desexen solicitar a inclusión nas listas, que serán admitidos/as se cumpren os requisitos que figuran asociados a cada lista.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 012
Email: dxfp.listascontratacion@xunta.gal
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Prazo de presentación: PECHADO
17/02/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Ábrese desde o 01/03/2025 ata o 30/04/2025 o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas de contratación temporal que se atopan en xestión conforme o establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Así mesmo, ábrese prazo de inclusión nas listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para as persoas que declaren estar incluídas nas listas xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das categorías análogas ás do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia ou equivalentes ás listas únicas resultantes da funcionarización nas que solicitan a inclusión.
1. Serán requisitos indispensables para poder inscribirse nas listas posuír a titulación ou formación académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e os demais requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas na data de presentación da solicitude de inclusión na lista pola persoa interesada en formar parte dela, de acordo co establecido no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, así como, se é o caso, os requisitos establecidos para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade nas convocatorias de apertura de listas.
2. As persoas solicitantes deberán posuír, así mesmo, o nivel de coñecemento da lingua galega previsto no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No suposto de non ter nacionalidade española, documentación acreditativa de ter residencia legal en España, para a inclusión nas listas de persoal laboral temporal, e pasaporte e/ou documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulador do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados, para a inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario.
b) Titulación ou formación non académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, documentación acreditativa dos requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas ou, se é o caso, dos establecidos nas resolucións de aperturas de listas que non figuren enumerados no artigo 6.
c) Certificado ou documento equivalente ao Celga 4 nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; ao Celga 3 nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, ao Celga 2 para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, non expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
d) Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas por dereitos de inscrición ou, se é o caso, documentación xustificativa para a exención, total ou parcial, do pagamento das taxas (código da taxa 05/13/07/300301).
e) Para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra a), ordinal 2º, do Decreto 37/2006, servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, certificación de servizos prestados segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, debidamente cuberta, polo persoal funcionario que se determina no citado anexo.
f) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % non expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
g) Sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima do terrorismo, para a acreditación da exención do importe parcial da taxa (50%).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE.
– Título/s oficial/oficiais non universitario/s.
– Título/s oficial/oficiais universitario/s.
– Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; Celga 3 ou equivalente nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, Celga 2 ou equivalente para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
– Certificación de empadroamento, para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra b), do Decreto 37/2006, Coñecemento do terreo, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
b) Certificado de familia numerosa de carácter especial ou xeral, ou carné familiar en que conste o dito carácter, para a acreditación da exención do importe total da taxa ou do 50 %, respectivamente.
c) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde polo menos seis meses antes da data da publicación da convocatoria no DOG, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito establecido na alínea d).
d) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito previsto na alínea c).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2006).
-
Decreto 20/2022, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 39 do 25 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 213 do 3 de novembro de 2008).
-
Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de orientación laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (subgrupo C2) (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaborar a lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba, subgrupo C2 (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a (subgrupo C2) (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaborar a lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, grupo B (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2025).
-
Corrección de erros. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaborar a lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba, subgrupo C2 (código de procedemento AP522T (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil (subgrupo A2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de cociña (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda crear unha lista única para cubrir con carácter transitorio prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de cociña (subgrupo C2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades, e pola que se abre un prazo extraordinario de inclusión nas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2025).
-
Corrección de erros. Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a creación de listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade oficial (subgrupo C2) (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano
Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Aberto todo o ano