Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU984G
Solicitude de autorización de apertura e clasificación turística de campamentos de turismo.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Presidencia da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Regular a actividade turística de aloxamento na modalidade de campamentos de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
As disposicións desta norma non serán de aplicación aos campamentos xuvenís, albergues, centros e colonias de vacacións escolares, así como a toda clase de acampadas que estean reguladas polas súas normas específicas, e as actividades e empresas de aloxamento excluídas no artigo 53, apartados 2 e 3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Empresarios. Persoas físicas ou xurídicas
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184674 / 981184681
Fax: 981184678
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294220 / 982294227
Fax: 982889053
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Ourense
Avenida da Habana nº 81
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386036/ 988386035
Fax: 988214976
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Pontevedra
María Victoria Moreno 43 – 6º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805553
Fax: 986805575
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de presentación: PECHADO
Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A solicitude de autorización de apertura e clasificación turística seguirá o modelo oficial que figura no anexo III, desta norma, debendo indicar o período de funcionamento do establecemento para o que se solicita a autorización.
A solicitude deberá ir acompañada, ademais do documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes, da seguinte documentación:
a) Se a titularidade do establecemento correspondese a unha persoa xurídica, escritura de constitución da sociedade e poderes do/da solicitante para o caso de que non se deduza claramente da escritura social.
b) Título de propiedade do terreo ou calquera outro documento que acredite a súa dispoñibilidade para a súa utilización como campamento de turismo. No caso de que o establecemento dispoña de instalacións estables, título de propiedade ou documento acreditativo da súa dispoñibilidade por parte do/da titular do campamento. Si se tratase de terreos municipais, certificación do concello no que se acorde a instalación do campamento e rexime de explotación.
c) Documento de inscrición no Rexistro da Propiedade da finca ou predio destinado a campamento.
d) Certificado expedido por un laboratorio público ou privado, que estea acreditado ou certificado, de que a auga no punto de entrega ao consumidor ou consumidora e apta para o seu consumo. Se o campamento utiliza exclusivamente a rede municipal de abastecemento, chegará con facer constar tal circunstancia.
e) Autorización e/ou concesións requiridas, no seu caso, pola normativa vixente en materia de augas.
f) Documento que acredite a subscrición dun seguro de responsabilidade civil segundo o disposto neste decreto.
g) Proxecto tecnico asinado por facultativo/a competente, con planos e memoria á que fai referencia os apartados a), b), c) e d) do artigo 54 no que se identificarán expresamente as zonas e parcelas previstas para as instalacións estables. Non será necesario achegar este proxecto no caso que se achegase coa solicitude de informe potestativo previo.
h) Certificado de final de obra expedido por tecnico/a competente.
i) Licenza de actividade clasificada ou de apertura e da licenza urbanística do campamento ou permisos que as substitúan.
l) Relación de parcelas numeradas con indicación das súas características e superficies respectivas.
- Inicio
- Solicitude (Anexo III)
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 144/2013, do 5 de setembro, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia (DOG nº 177 do 17 de setembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano