Guía de procedementos e servizos

PR948A

Cualificación dos deportistas galegos de alto nivel.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2012 - Prazo pechado: 13/02/2012 00:00 - 22/05/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Solicitar o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel e os beneficios e axudas que para estes estableza a Administración autonómica de Galicia.

Deportistas de alto nivel, entendendo como tales os que desenvolven unha práctica deportiva de interese para a Comunidade Autónoma ou pola súa función representativa de Galicia nas actividades deportivas de proxección nacional e internacional.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) - 2ª andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996367 / 881996360

Fax: 881996368

Email: monica.carballo.miguez@xunta.gal

deporte.xunta.gal

Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/02/2012 00:00 - 22/05/2018 23:59

Meses de xuño e novembro

a) Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o desfrute dos beneficios derivados desta.

b) Ter máis de 16 anos na data na que se adopte a resolución de recoñecemento.

c) Estar en posesión dunha licencia deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria, desde, alomenos, o un de xaneiro do ano anterior ao do recoñecemento.

d) Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave, ou sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave, no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o desfrute dos beneficios derivados.

e) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade practicada.

  • Solicitude normalizada.

  • Copia do DNI.

  • Certificación da federación deportiva correspondente na que acredite o cumprimento dos requisitos c), d), e e).

  • Calquera outro aspecto que poida resultar relevante en atención ao fin perseguido.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2004).

    • Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2005).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano