Guía de procedementos e servizos

AU230J

Cese na condición de familia numerosa aos efectos da dedución no canon da auga e coeficiente de vertedura.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) aos que se lle concedese a bonificación no canon da auga e no coeficiente de vertedura por ser familia numerosa e posteriormente perdesen dita condición de familia numerosa, vindo obrigadas a comunicar dita perda no prazo de un mes desde o momento en que se produza a perda da condición.

Suxeitos pasivos domésticos aos que se lles concedese a bonificación no canon da auga e coeficiente de vertedura por familia numerosa.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Estación de Autobuses

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544968/ 981544560

Fax: 981544534

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

Todo o ano.

  • Comunicación segundo o Anexo X.

  • Copia do título de familia numerosa ou carné familiar emitido por outra comunidade autónoma, no que figure a data de finalización da vixencia ou, no caso de cese da vixencia sobrevida, informe dos servizos competentes daquela comunidade autónoma relativo á data de cese da vixencia.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa comunicante.

  • Título de familia numerosa (Xunta de Galicia).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano