Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230I
Dedución no Canon da auga e coeficiente de vertedura para familias numerosas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) que teñan recoñecida a condición de familia numerosa a bonificación do 50% no canon da auga e, no seu caso, no coeficiente de vertedura.
Suxeitos pasivos domésticos que reúnan a condición de familia numerosa e queiran solicitar a bonificación do 50% na cota do canon e, no seu caso, no coeficiente de vertedura.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Estación de Autobuses
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544968/ 981544560
Fax: 981544534
Prazo de presentación: PECHADO
Todo o ano.
Para solicitar a dedución a persoa que figure como titular no título de familia numerosa deberá presentar o modelo de solicitude e cumprir os seguintes requisitos
a) O enderezo para o que se solicita a dedución debe coincidir co enderezo en que se atopa empadroada a unidade familiar.
b) No caso de abastecerse a partir de entidade subministradora, o titular do contrato de subministro de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que ten domiciliado o pagamento da factura-recibo de auga en algunha conta bancaria da que sexa titular.
c) A dedución na cota por familia numerosa só poderá obterse na vivenda principal, sen que poida ser concedida nas restantes vivendas que poida ter calquera dos membros que constitúan a familia numerosa.
Declaración segundo o Anexo IX.a.
Anexo IX.b.
Copia da última factura-recibo da auga.
Copia do título de familia numerosa ou carné familiar en vigor no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante
Certificado de empadroamento da persoa solicitante
Título de familia numerosa recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia
Prazo de resolución:
6 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano