Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230H
Acreditación do número de persoas na vivenda para a aplicación do canon da auga e coeficiente de vertedura.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) poden solicitar a Augas de Galicia que se establece un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas (número de persoas que aplica por defecto de acordo coa presunción contida na Lei de augas de Galicia).
Este modelo tamén debe ser presentado polo suxeito pasivo ao que se lle recoñecese un número de habitantes na vivenda distinto de 3 en base a unha solicitude previa e se producise unha diminución no número de habitantes na vivenda. Neste caso este modelo deberá ser presentado no prazo de un mes desde que se producise a diminución no número de persoas.
Suxeitos pasivos domésticos que queiran acreditar un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Estación de Autobuses
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544968/ 981544560
Fax: 981544534
Prazo de presentación: PECHADO
Todo o ano.
O titular do contrato da auga deberá presentar ante Augas de Galicia o modelo de e cumprir os seguintes requisitos:
- O número de habitantes para a que se pretenda a modificación debe coincidir co número de persoas que están empadroadas en dita vivenda.
- O titular do contrato de subministro de auga debe ser un dos habitantes da vivenda de acordo co padrón de habitantes.
Declaración segundo o Anexo VIII.a
Anexo VIII.b.
Copia da última factura-recibo da auga.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
- Fase de solicitude
- Autorización (Anexo VIII.b)
- Solicitude (Anexo VIII.a)
Prazo de resolución:
6 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano