Novidade
|
Publicado o 07/09/2017 ás 09:18 h.
Cambios nos formularios dos procedementos TR349I e TR349L
Cambios nos formularios dos procedementos TR349I e TR349L
O 4 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros que afecta á Orde do 18 de xullo de 2017, que regula a presentación dos procedementos TR349I e TR349L, ambos os dous relacionados co procedemento de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Debido a esta publicación, os formularios de ditos procedementos foron modificados, polo que os borradores gardados antes da publicación no DOG non poderán ser presentados.
Para realizar a presentación electrónica nesta sede débese iniciar novamente a solicitude descartando o borrador anterior.