Identificación e titularidade
Ir á sección pai
Protección de datos
Privacidade e protección de datos
A sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxa titularidade corresponde á Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia permite á cidadanía acceder, de forma segura, á información e servizos electrónicos que a Xunta de Galicia pon á súa disposición no exercicio das súas competencias.
Solicitaranse ás persoas usuarias desta sede electrónica unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos electrónicos dispoñibles.
Adicionalmente, para poder acceder a algún dos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico, as persoas interesadas deberán facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado e serán informadas respecto do tratamento dos seus datos persoais, incluíndo a identificación do responsable do tratamento; as finalidades do tratamento; a base lexitimadora do tratamento; as comunicacións previstas de datos; as canles de exercicio dos dereitos así como o acceso á información adicional e o contacto coa persoa delegada de protección de datos correspondente.
A responsabilidade dos contidos postos a disposición da cidadanía e do tratamento dos datos recollidos en cada un dos trámites específicos recollidos nesta sede electrónica será do órgano ou entidade pública encargada da xestión e tramitación do devandito trámite. Responsabilidade que, no caso dos órganos da Administración autonómica corresponde a cada unha das secretarías xerais técnicas da consellería con competencias na materia e, no caso dos entes instrumentais con personalidade xurídica propia, será a dirección da citada entidade.
En todo caso, o tratamento dos datos persoais que se realice a través desta sede electrónica estará suxeito ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos), na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e no resto da normativa de aplicación.
As persoas interesadas teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, que poden consultarse na información sobre protección de datos persoais.