Guía de procedementos e servizos

TR380A

Subvencións destinadas á realización do Programa Retorna Cualifica Emprego

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 12/05/2026 09:00 - 30/06/2026 20:00

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

A concesión das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e convocar estas subvencións para as anualidades 2026 e 2027.

Entidades xurídicas privadas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 546 804

Email: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

12/05/2026 09:00 - 30/06/2026 20:00

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e estenderase ata o 30 de xuño de 2026, ás 20.00 horas, sen que en ningún caso poida ser inferior a un mes ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria. As solicitudes presentadas antes das 9.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da súa publicación non serán admitidas.

Poderán solicitar as subvencións as entidades xurídicas privadas que cumpran os requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e que, ademais, reúnan as seguintes condicións na data de presentación da solicitude:

a) Que teñan o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que carezan de fin de lucro. Considerarase que tamén carecen de fin de lucro aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes delas se invistan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.

c) Que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte solvencia económica, financeira e técnica ou profesional:

c.1) Solvencia económica e financeira:

i. Ao tratarse de persoas xurídicas, contas anuais depositadas no Rexistro de fundacións ou rexistro correspondente en función da súa natureza ou do seu réxime xurídico. As contas deberán estar asinadas pola entidade concorrente en cada unha das súas follas ou o documento contar coa sinatura electrónica do representante legal da entidade.

ii. Se por causa xustificada non é posible achegar as ditas contas, a solvencia económica acreditarase mediante a presentación do balance de situación xunto cun informe bancario.

c.2) Solvencia técnica:

i. Experiencia mínima de 2 anos na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualificación para o emprego e de atracción de talento, con financiamento público.

ii. Acreditar un mínimo de compromisos equivalente a 40 postos de traballo con empresa/s con centros de traballo en Galicia que ofrezan postos de traballo vacantes para ofertar as persoas destinatarias do programa Retorna Cualifica Emprego.

d) Que teña experiencia acreditada en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento. Esta experiencia acreditarase mediante unha relación das actividades realizadas nese ámbito, indicando o tipo ou tipos de postos de traballo obxecto de selección así como, se é o caso, en que países se realizaron e o destinatario público ou privado destes servizos.

e) Que acredite ter capacidade, solvencia, eficacia, experiencia e recursos humanos e materiais para a realización, organización e coordinación das accións do programa Retorna Cualifica Emprego previstas no artigo 3 da presente orde. Para estes efectos, como mínimo, deberá contar cos seguintes recursos:

e.1) Recursos humanos: un/unha prospector/a laboral, un/unha orientador/a laboral, unha persoa titulada media ou superior con experiencia e/ou coñecemento en tramitación de autorizacións administrativas necesarias para residir en España, un/unha técnico/a en selección de recursos humanos e un/unha administrativo/a. Acreditarase mediante unha descrición dos recursos humanos destinados á execución do programa en que deberán constar as titulacións académicas e/ou profesionais, así como a experiencia laboral das ditas persoas.

e.2) Recursos materiais: instalacións para reunións, entrevistas, formación, así como sistemas de comunicación de voz e datos e medios audiovisuais. Acreditarase a través dunha descrición dos recursos materiais de que dispoña a entidade para a realización do programa.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de persoa usuaria e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Estes formularios soamente terán validez se están debidamente asinados pola persoa que exerce a representación legal da entidade correspondente ou unha persoa debidamente acreditada.

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar xunto coa solicitude da axuda (anexo I) a seguinte documentación:

a) Escritura de constitución e/ou modificación.

b) Poderes acreditativos da representación da persoa que asina a solicitude de participación.

c) Proposta técnica.

d) Descrición dos recursos humanos destinados ao programa indicando as titulacións académicas e as funcións que se desenvolverán.

e) Descrición dos recursos materiais e instalacións de que dispoña a entidade para a realización do programa.

f) Compromisos de contratación segundo o modelo que estará dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/portal/Empresas/Galego/Documentos/formulario_compromisos%20contratacion_gl_ver3.pdf por parte de empresas que dispoñan de ofertas de emprego en Galicia susceptibles de seren ocupadas por persoas participantes no programa Retorna Cualifica Emprego, tendo en conta o disposto no artigo 6.c.2.ii) da presente orde no que atinxe ao número mínimo de compromisos exixibles para poder participar na presente convocatoria. No caso de que unha mesma empresa oferte varios postos con perfís diferentes, deberase achegar un compromiso para cada perfil.

g) Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere de interese en relación co obxecto da subvención e, nomeadamente, aquela relativa á acreditación das condicións exixidas no artigo 6 da presente orde.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou estes documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego poderá requirir a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que á persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

h) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa ou da persoa representante para realizar a consulta.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, conforme o artigo 21.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha das administracións, será requirida para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente o correspondente certificado.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deberán realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de xeito electrónico accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (DOG nº 79 do 29 de abril de 2026).

    • Extracto da Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (DOG nº 79 do 29 de abril de 2026).

    • Corrección de erros. Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (DOG nº 81 do 04 de Maio de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano