Guía de procedementos e servizos

MR239Q

Incorporación de parcelas con utilización agrícola ao rexistro de parcelas non declarables na solicitude única de axudas PAC/DR.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 06/03/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular o procedemento para que as persoas titulares de parcelas con utilización agrícola podan solicitar ao Fogga a incorporación das ditas parcelas ao rexistro de parcelas non declarables.

As persoas físicas ou xurídicas titulares de parcelas con utilización agrícola que non presenten a Solicitude única de axudas PAC/DR na campaña 2025.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546262

Fax: 981546268

Email: sxpac.fogga@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2-4º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Email: fogga.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, nº 70-B-1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Email: fogga.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, nº 22-1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Email: fogga.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, nº 7-1º

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Email: fogga.pontevedra@xunta.gal

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/03/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

As persoas físicas ou xurídicas titulares de parcelas con utilización agrícola que non presenten a Solicitude única de axudas PAC/DR na campaña 2025, poden solicitar ao Fogga, en calquera momento do ano, a incorporación das ditas parcelas ao rexistro de parcelas non declarables

Forma de presentación de solicitudes.

1. As persoas interesadas deberán dirixir a súa solicitude ao Fondo Galego de Garantía Agraria ou aos seus servizos territoriais.

2. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que se inclúe como modelo no anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239Q). A presentación electrónica será obrigatoria para: as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado  do procedemento MR239Q que se inclúe como modelo no anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Consulta de datos e documentación para a presentación.

1. Para a tramitación do procedemento MR239Q consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante da persoa solicitante, de ser o caso.

Ademais, poderanse consultar:

– NIF da persoa solicitante.

– NIF da persoa representante da persoa solicitante, de ser o caso.

– Información sobre titularidade catastral das parcelas con utilización agrícola

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo nas solicitudes e achegar os documentos correspondentes. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención da información, poderáselle requirir á persoa solicitante a presentación dos documentos correspondentes ou a documentación complementaria.

3. As persoas solicitantes ou as persoas representantes deberán acreditar a posesión de cada unha das parcelas agrícolas incluídas na solicitude; a tal fin deberán achegar, conforme se indica no anexo IV, algún dos seguintes documentos:

- Certificación catastral de titularidade (no caso de non autorizar a consulta sobre titularidade catastral da parcela)

-  Nota rexistral do Rexistro da propiedade

- Título de propiedade

- Documentación relativa ao tracto sucesorio (Últimas vontades, testamento ou declaración de herdeiros e aceptación de herdanza).

- Outro documento de acreditación da propiedade válido en dereito a especificar.

- Documento de autorización de sinatura no caso de que a persoa solicitante non sexa a que asina a solicitude.

- A documentación complementaria deberá presentarse conforme o indicado no artigo 22.6.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Nove meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).

    • Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).

    • Orde do 16 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 80 do 28 de abril de 2025).

    • Extracto da Orde do 16 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 80 do 28 de abril de 2025).

    • Orde do 4 de novembro de 2025 pola que se publica o incremento do crédito previsto na Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 217 do 10 de novembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59