Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

VI428C - Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Galicia.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
  • Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización para solicitar as certificacións electrónicas necesarias para a tramitación do procedemento (anexo II).
  • Certificado de residencia da persoa solicitante, só para residentes fora da Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado de titularidade de bens inmobles da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar ou convivencial, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Se e o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou da sentenza na que se acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar.
  • Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Administración autonómica de Galicia, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • No caso de tratarse de demandantes de vivenda ou arrendamento do programa Aluga, para acreditar a situación de afectado por execución hipotecaria, deberá achegar a documentación acreditativa de que a vivenda habitual foi obxeto de proceso xudicial ou extraxudicial de execución hipotecaria.
  • No caso de que a persoa solicitante teña algunha vivenda, deberase presentar a correspondente xustificación documental en relación con algunha das excepcións de aplicación.
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado de matrimonio, só para persoas casadas e no caso de denegar a súa consulta.
  • Certificado de inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia, só para persoa inscritas e no caso de non autorizar a súa consulta.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE OURENSE

Área Provincial do Instituto Galego de Viveda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense
Teléfono: 988386271 Fax: 988386235

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE PONTEVEDRA

Área Provincial do Instituto Galego de Viveda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono: 986805610 Fax: 986805663

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DA CORUÑA

Área Provincial do Instituto Galego de Viveda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A
Teléfono: 981184801 Fax: 981184860

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE LUGO

Área Provincial do Instituto Galego de Viveda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo
Teléfono: 982294602 Fax: 982294624

Este decreto será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O rexistro terá carácter administrativo, será público e único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O órgano responsable do rexistro é o director ou directora xeral do IGVS, ante o que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos datos persoais. O exercicio do dereito de cancelación dos datos persoais comportará a baixa da unidade familiar ou de convivencia do rexistro como solicitante de vivenda.

O rexistro consta de seccións diferenciadas para a inscrición:

Sección primeira
Demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública promovidas polo IGVS
Inscribiranse todos os/as demandantes que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou, de ser o caso, aluguer con opción de compra dunha vivenda de protección oficial de promoción pública promovida polo IGVS.

Sección segunda
Demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos
Inscribiranse todos os/as demandantes que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou, de ser o caso, aluguer con opción de compra dunha vivenda de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e núcleos históricos.

Sección terceira
Demandantes de vivendas protexidas de promoción privada ou de promoción pública promovidas por outros promotores públicos
Inscribiranse todos os/as demandantes dunha vivenda de protección autonómica de réxime especial, de réxime xeral ou de réxime concertado de promoción privada ou de promoción pública promovidas por outros promotores ou aloxamentos protexidos que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou aluguer con opción de compra.

Poderase sinalar un máximo de tres concellos: un como preferente e dous concellos máis como subsidiarios, que deben de ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de influencia.

O/a solicitante deberá indicar o tipo de vivenda ao cal opta. A opción elixida deberá adecuarse ao cumprimento dos requisitos exixidos para ser beneficiario/a dese tipo de vivenda.

Todas as unidades familiares ou de convivencia que queiran acceder a vivendas en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa Aluga, deberán estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, consonte o previsto no artigo 9 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro.

O procedemento para a inscrición ou anotación na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, así como para a actualización de datos, rexerase polo establecido nos artigos 9 a 16 do Decreto 1/2010 e polo regulado con carácter específico neste capítulo.

Beneficiarios:

1. Todas as persoas que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas, en primeira ou sucesivas transmisións, deberán inscribirse como demandantes no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, salvo nos casos de adxudicación directa previstos no artigo 53 e as excepcións previstas no artigo 54 da Lei 18/2008, de vivenda de Galicia.
2. Con base no establecido no artigo 53.2º da citada lei, quedan tamén excluídos/as da obriga de inscrición os/as demandantes de aloxamentos protexidos destinados a albergar persoas relacionadas coa comunidade universitaria ou investigadores/as e científicos/as.

Requisitos:

Condicións da inscrición.

1. A inscrición realizarase nunha única sección ou, de existiren varias subseccións, nunha única subsección.
2. A inscrición do solicitante realizarase no tipo de vivenda e no réxime de adxudicación que este sinale como preferente.
3. Se o/a solicitante reúne os requisitos para ser beneficiario/a de máis tipos de vivenda de entre os sinalados no artigo 7, ou doutro réxime de adxudicación, poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.
4. A inscrición será a que determine a preferencia para optar a un tipo de vivenda e a un réxime de adxudicación determinado. Aínda así, as vivendas serán ofertadas a todos/as aqueles que figuren como inscritos/as, e aos que figuren como anotados/as na sección ou subsección correspondente ao tipo de vivendas ás cales se pretende optar.

AUTONÓMICA

Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2010).

AUTONÓMICA

Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2010).

AUTONÓMICA

Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

AUTONÓMICA

Corrección de erros.-Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2010).

Anexos asociados

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional