Guía de procedementos e servizos

TR854A

Acreditación como entidade formativa para a impartición do curso de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Que é e para que serve
Establecer o procedemento que se deberá seguir para obter a acreditación como entidade formativa para a impartición do curso de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción, que poida ser impartida en centros acreditados pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar.
Quen pode solicitalo
Poderán solicitar a acreditación como entidade formativa para a impartición do curso de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción, de acordo co procedemento establecido nesta orde, as persoas físicas, as entidades xurídicas e as institucións que desexen colaborar na impartición deste curso, sempre que cumpran os requisitos establecidos nos parágrafos seguintes.

Obrigas das entidades formativas acreditadas

As entidades que obteñan a condición de entidade formativa acreditada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para a impartición do curso coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción, terán as seguintes obrigas:

1. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan realizar os/as técnicos/as da Consellería de Traballo e Benestar quedando obrigados a facilitar canta información se lles solicite.

2. Manter as instalacións e estrutura de medios con base nas que se produciu a inscrición como entidade formativa acreditada, e adaptalas aos requisitos mínimos que, en cada momento, se exixan para este curso formativo.

3. Facer constar na súa publicidade a condición de entidade formativa acreditada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar nas accións para o desenvolvemento do curso de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción e non usar tal condición cando se trata de cursos doutra natureza impartidos pola entidade formativa.

4. Solicitar autorización expresa para continuar como entidade formativa acreditada cando se produza un cambio na titularidade do/a propietario/a ou responsable xurídico/a.

Requisitos

De carácter xeral.

a) Condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais exixidas pola lexislación vixente, acreditadas mediante a documentación prevista no artigo 4.1.f).

b) Medios tendentes a facilitar a accesibilidade universal, de maneira que non supoña discriminación das persoas con discapacidades e se dea efectivamente a igualdade de oportunidades, de acordo coas exixencias recollidas na Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, así como as súas normas de desenvolvemento.

c) Aseos e servizos hixiénico-sanitarios para homes e mulleres en número adecuado á capacidade do centro.

d) Instalacións de dirección e coordinación: un espazo axeitado para despachos de dirección, sala de profesorado e actividades de coordinación, e secretaría. No caso das entidades de formación, cando así se determine por razóns xustificadas, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social poderá autorizar que as instalacións de dirección e coordinación estean en locais distintos a onde están as aulas.

e) Dispoñer dun equipamento informático que permita a transmisión de datos en liña á Consellería de Traballo e Benestar.

Específicos.

a) Aulas de clases teórico-prácticas:

- Deberán contar en calquera caso cun espazo mínimo de 2 metros cadrados por alumno/a. Un centro non se poderá acreditar para unha capacidade inferior a 15 alumnos/as. O número máximo de alumnos/as admitidos por aula será de 25.

A parte práctica poderá desenvolverse no propio centro ou en empresas que se comprometan ou asinen un convenio coa entidade formativa acreditada correspondente.

b) Equipamento e material:

As entidades formativas acreditadas deberán destinar á impartición deste curso os equipamentos e materiais mínimos que se relacionan a continuación:

b.1. Equipamento:

- Mesas e cadeiras en número suficiente para a totalidade de alumnos e alumnas.

- Mesas auxiliares para a realización de prácticas: curas, análise de planos e esbozos... etc.

- Encerados.

- Equipamentos informáticos multimedia.

- Equipamentos de imaxe e son.

b.2. Material didáctico:

Proporcionaránselle ao alumnado os medios didácticos e o material imprescindible para o desenvolvemento do curso, así como exemplares de documentos coa normativa aplicable ao obxecto do curso e exemplos de plans de seguridade e saúde no traballo.

b.3. Elementos de protección:

No desenvolvemento das prácticas utilizaranse os medios necesarios de seguridade e hixiene no traballo, e observaranse as normas legais ao respecto. En todos os casos deberá acreditarse a entrega aos alumnos/as da documentación relativa á utilización de elementos de protección individuais e colectivos.

O profesorado.

Deberá ser experto neste ámbito formativo e terá que acreditar documentalmente a súa formación. Especialmente deberá contar con:

- Titulación académica de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

- Certificado de aptitude pedagóxica ou formación metodolóxica como formador/a, ou formación en prevención de riscos laborais de nivel intermedio ou superior ou experiencia docente mínima de 60 horas.

- Experiencia acreditada como técnico/a de seguridade e saúde laboral de, como mínimo, 12 meses. Para estes efectos considerarase experiencia acreditada a seguinte:

• Coordinación de seguridade e saúde en obra ou proxecto.

• Redacción de estudos de seguridade e saúde e estudos básicos.

• Dirección facultativa de obra nos casos establecidos no artigo 7.2 no Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción.

• Inspección e control das condicións de seguridade e saúde en obras como membro dun órgano técnico dunha autoridade laboral ou membro da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

• Persoal técnico de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

• Persoal técnico de servizos de prevención de empresas do sector da construción.

O conxunto do profesorado debe garantir, en canto á súa especialización, a totalidade das materias que se vaian impartir.

Sen prexuízo do anterior, poderán participar, como relatores invitados ao curso, outros profesores ou profesoras de recoñecido prestixio ou experiencia en materias específicas do programa, cunha participación máxima do 10 % do tempo de duración do curso.

Estes/as profesionais intervirán baixo a responsabilidade do/a director/a do curso e a súa participación virá indicada especificamente no cronograma referido no artigo 7.1 desta orde.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes de acreditación quedará aberto permanentemente desde a entrada en vigor desta orde.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude normalizada segundo o anexo I, acompañada da seguinte documentación:

  • Carácter xeral:

    • a) Memoria descritiva da actividade da entidade.

    • b) Número de identificación fiscal (NIF).

    • c) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para a sinatura da solicitude, de ser o caso.

    • d) Estatutos ou normas debidamente legalizadas polas que se rexe a entidade.

    • e) Planos oficiais dos inmobles e instalacións, visados polo colexio oficial correspondente.

    • f) Memoria de inmobles e instalacións, identificando no plano cada espazo físico e a súa superficie.

    • g) Xustificante da propiedade, arrendamento ou título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes, equipamento didáctico, talleres ou campos de práctica. No caso de que a parte práctica do curso se vaia desenvolver en empresas, achegarase compromiso da empresa coa entidade formativa acreditada para que se realicen naquela as prácticas.

    • h) Licenza municipal de apertura como centro de formación ou a correspondente á súa actividade principal no caso doutras entidades.

    • i) Descrición do equipamento informático de que dispón para a transmisión de datos en liña á Consellería de Traballo e Benestar.

  • Específica para o curso:

    • a) Programa do curso detallado e coñecementos profesionais estruturados por módulos, xunto coa a descrición da metodoloxía docente e a tipoloxía das probas de avaliación que se vaian efectuar.

      O programa deberá axustarse ao que establece o anexo I do Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción, no que se establece o contido mínimo do programa formativo de carácter presencial autorizado pola Consellería de Traballo e Benestar para coordinadores/as en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.

    • b) Relación de maquinaria, utensilios, material de consumo, textos e material didáctico que se utilizará en cada curso, que deberá ser suficiente e adecuado para que o alumnado poida realizar as prácticas simultaneamente, salvo que se desenvolvan en empresas.

    • c) Profesorado:

      A xustificación do cumprimento dos requisitos establecidas para o profesorado realizarase da forma seguinte:

      • Coordinación de seguridade en obra ou proxecto: documento de designación de acordo co establecido no artigo 3.1 do Real decreto 1627/1997, ou certificación emitida polo/a promotor/a, en que se relacionen as obras en que foi designado o coordinador/a. O/a solicitante deberá xuntar unha declaración responsable da duración do seu nomeamento de coordinador/a en cada unha das obras.

      • Redacción de estudos de seguridade e saúde, estudos básicos e plans de seguridade e saúde: certificación do seu visado polo colexio profesional correspondente.

      • Dirección facultativa (artigo 7.2 do Real decreto 1627/1997): documento de designación e certificación de aprobación do plan de seguridade e saúde da obra.

      • Órganos tecnicos, Inspección de Traballo e Seguridade Social: certificación do/a responsable da unidade administrativa ou acreditación oficial.

      • Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais: certificación do/a responsable da entidade.

      • Persoal tecnico de servizos de prevención de empresas do sector construción: contrato de traballo xunto cun informe de auditoría do sistema de prevención de riscos laborais ou documentación do sistema de xestión (OSHAS ou semellante), na parte que se refira ás tarefas desenvolvidas e participación do persoal tecnico, ou certificación dos/as responsables da entidade auditora ou certificadora. O/a solicitante deberá xuntar unha declaración responsable da duración dos traballos.

      • Experiencia docente mínima: certificación emitida polo/a responsable da entidade que imparte a formación.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Cinco meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544771/ 981544620

Fax: 981543969

Órgano responsable

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a acreditación das entidades formativas para a impartición do curso de coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG nº 71 do 12 de abril de 2013). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano