Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR841A - Autorización a persoas físicas ou entidades especializadas para a realización de auditorías do sistema de prevención das empresas.
Regular as autorizacións da Consellería de Traballo e Benestar ás persoas ou entidades especializadas que pretendan ser autorizadas para desenvolver a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas
Persoas ou entidades especializadas.
As persoas ou entidades especializadas que pretendan desenvolver a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas deberán ter capacidade para poder realizar as actividades que constitúan os obxectivos da auditoría establecidos no artigo 30 do Regulamento dos servizos de prevención e relativos a:
- Determinación da idoneidade das avaliacións dos riscos iniciais ou periódicas realizadas, análise dos seus resultados e verificación destes.
- Comprobación dos diferentes tipos de actividades preventivas que se deben realizar como consecuencia da avaliación dos riscos para eliminar, controlar ou reducir os devanditos riscos, así como da planificación destas actividades preventivas.
- Determinación da adecuación entre os procedementos e medios materiais e humanos requiridos para realizar a actividade preventiva necesaria e os recursos propios ou concertados de que dispoña o empresario.
- Valoración da integración da prevención no sistema xeral de xestión da empresa.
Recursos materiais e humanos
Para os efectos de determinar os medios humanos mínimos para poder desenvolver as actividades que constitúan as auditorías sinaladas no apartado anterior, no caso dunha persoa física, esta deberá ser un técnico de nivel superior en calquera das catro especialidades ou disciplinas preventivas consideradas no artigo 34 do Regulamento dos servizos de prevención que dispoña, ademais, dunha formación ou experiencia probada en xestión e realización de auditorías e en técnicas auditoras e, no caso das entidades especializadas, deberán contar con, polo menos, un técnico que cumpra estas condicións.
En ambos os dous casos, ademais, deberá contar con técnicos de nivel superior, propios ou, no seu caso, concertados segundo o previsto no apartado 4, en todas as demais especialidades ou disciplinas sinaladas no artigo 34 do Regulamento dos servizos de prevención, co fin de poder efectuar as verificacións da avaliación de riscos que puidesen ser necesarias.
Os locais, instalacións, aparatos e equipos mínimos esixidos serán os suficientes e adecuados para desenvolver as actividades previstas no apartado 1. Para estes efectos a entidade especializada deberá dispoñer dos recursos materiais necesarios para realizar a verificación dos resultados da avaliación dos riscos.
Non obstante o disposto nos apartados 2 e 3, e segundo determina o artigo 32.3 do Regulamento dos servizos de prevención, a verificación dos resultados da avaliación de riscos, que presente especial complexidade, poderá ser concertada con profesionais que conten con coñecementos, medios e instalacións necesarios para a súa realización, non sendo obrigatorio neste caso que as persoas ou entidades especializadas dispoñan de persoal ou de recursos materiais para efectuar a devandita verificación.
A especial complexidade das verificacións virá determinada pola necesidade de realizar medicións, análise, probas, ensaios ou recoñecementos da saúde co fin de contrastar os resultados.
De acordo co previsto no artigo 32.2 do Regulamento dos servizos de prevención, a concertación da verificación dos resultados da avaliación non poderá realizarse con profesionais que manteñan vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo coa empresa obxecto da auditoría, que poidan afectar á súa independencia e inflúan no resultado das súas actividades.
A autorización para realizar actividades de auditoría é incompatible co exercicio de actividades de coordinación de actividades preventivas e coa acreditación como servizo de prevención alleo.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544771
Fax: 981544659
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2013).
Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 27 do 31 de xaneiro de 1997).
Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 235 do 28 de setembro de 2010).
Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 256 do 22 de outubro de 2010).
Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 279 do 18 de novembro de 2010).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
-
As persoas ou entidades especializadas deberán formular solicitude ante a autoridade laboral competente do lugar onde radiquen as súas instalacións principais. En caso de dúbida, entenderase como principal aquela que conte con maior número de traballadores dedicados a actividades de auditoría non considerando entre estes os que se dediquen a tarefas administrativas.
-
A solicitude de autorización deberá incluír:
-
Nome ou denominación social, número de identificación fiscal e código de conta de cotización á Seguridade Social.
-
Ámbito territorial e de actividade profesional nos que pretende actuar, así como previsión do número de empresas e volume de traballadores nos que ten capacidade para estender a súa actividade preventiva, en función dos recursos humanos e materiais previstos.
-
-
Previsión de dotación de persoal para o desempeño da actividade preventiva, debidamente xustificada, que deberá ser efectiva no momento en que a entidade comece a prestar servizos e con indicación da súa cualificación profesional e dedicación, especificando o seu ámbito territorial de prestación de servizos.
-
Identificación das instalacións, dos medios instrumentais e da súa respectiva situación.
-
Os contratos ou acordos a establecer, no seu caso, con outras entidades para a realización de actividades que requiran coñecementos especiais o instalacións de grande complexidade.
-
Para estes efectos e en relación coas devanditas previsións consignarase o seguinte:
-
Indicarase o ámbito territorial no que pretende desenvolver a súa actividade. Se o devandito ámbito excedese do territorio da comunidade autónoma á que se dirixe a solicitude de autorización, especificaranse as demais comunidades autónomas ou provincias afectadas.
-
En relación coas previsións de dotación de persoal especificarase de forma diferenciada o número de persoas con capacidade para desenvolver as funcións de nivel superior nas súas distintas especialidades, o persoal, se e o caso, coa capacidade para desenvolver as funcións dos niveis básico e intermedio, así como do persoal, coincidentes ou non, cos anteriormente sinalados, con formación ou experiencia en xestión e realización de auditorías e en tecnicas auditoras. Deberase achegar un currículo profesional e as horas de dedicación de cada un.
-
En relación coas instalacións e os medios instrumentais incluirase unha descrición dos locais e instalacións, especificando situación, medios instrumentais, aparatos e equipos.
-
No caso de que pretenda concertar con profesionais as verificacións complexas da avaliación dos riscos, total ou parcialmente, especificarase que verificacións se van concertar, así como os datos relativos á identificación dos profesionais co detalle da súa capacidade, medios e instalacións para efectuar as verificacións.
-
Compromiso de non concertar a súa actividade con empresas coas que tivesen vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo distintas da propia como auditoría, que poidan afectar á súa independencia ou influír no resultado das súas actividades.
-
Compromiso de non manter vinculacións comerciais, financeiras ou de calquera outro tipo con ningunha entidade especializada para actuar como servizo de prevención, salvo nos casos excepcionais que sinala o artigo 32.2 do Regulamento dos servizos de prevención.
-
A autoridade laboral, de acordo co disposto no artigo 33 do Regulamento dos servizos de prevención, ditará resolución na que concederá a autorización nos termos formulados na solicitude ou denegará esta.
-
-
O modelo de solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de comunicación normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación dos formularios será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación que a persoa solicitante desexe achegar poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2º da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3º do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de non presentarse de forma telemática, poderase optar por presentar a solicitude e demais documentación que consideren axeitada en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo)
- Comprobación de datos das persoas traballadoras (Anexo Bis)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia / Seis meses nas de ámbito estatal.
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Selección, en réxime de concorrencia competitiva, das entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións para servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas (programa Re-acciona), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Primeira experiencia profesional mocidade.