Guía de procedementos e servizos

TR820I

ERTES-Mecanismo RED de Flexibilidade e Estabilización do Emprego.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento e aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado (código de procedemento TR820I) para a súa tramitación por medios electrónicos, sobre a solicitude por parte das empresas e das persoas autónomas con persoas contratadas de redución de xornada ou suspensión dos contratos das súas persoas traballadoras mentres estea activado o Mecanismo RED de Flexibilidade e Estabilización do Emprego con base no disposto no artigo 47.bis do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, modificado polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

Empresas e persoas autónomas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981544615

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto mentres estea activado por decisión do Consello de Ministros o Mecanismo RED.

Solicitudes.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (http://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude os seguintes documentos:

– Copia da comunicación feita pola empresa ás persoas traballadoras ou aos seus representantes da intención de iniciar a tramitación do Mecanismo RED, para os efectos de conformación da comisión representativa conforme o previsto no artigo 41.4 do Estatuto dos traballadores.

– Copia da comunicación do inicio do período de consultas.

– Informe que acredite que a situación temporal, cíclica ou sectorial, descrita no acordo de activación do Mecanismo RED concorre na empresa.

– Calendario en que se vai levar a cabo a aplicación das medidas de redución de xornada ou suspensión de contratos de traballo.

– Identificación das persoas traballadoras incluídas no procedemento e que van resultar afectadas. (segundo o modelo anexo II).

– Tipo de medida que se vai aplicar respecto de cada unha das persoas traballadoras e porcentaxe máxima de redución de xornada ou o número máximo de días de suspensión de contrato que se vai aplicar.

– Identificación das persoas que integran a comisión negociadora e a comisión representativa das persoas traballadoras ou, de ser o caso, indicación da falta de constitución desta última nos prazos legais.

– No caso da modalidade sectorial ademais acompañarase dun plan de recualificación das persoas afectadas.

– Copia da documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a comunicación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se deban presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– Documento acreditativo da personalidade da persoa solicitante, consistente no NIF no caso de persoas xurídicas e DNI ou NIE no caso de persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras contratadas.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Sete días

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de abril de 2022 pola que se regula o procedemento, se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de ERTE derivado da activación do Mecanismo RED de Flexibilidade e Estabilización do Emprego (DOG nº 88 do 6 de maio de 2022)

    • Corrección de erros. Orde do 28 de abril de 2022 pola que se regula o procedemento, se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de ERTE derivado da activación do Mecanismo RED de Flexibilidade e Estabilización do Emprego (DOG nº 91 do 11 de maio de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano