Guía de procedementos e servizos

TR820B

Decisión empresarial de expedientes de regulación de emprego.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Que é e para que serve
1. Á finalización do período de consultas, o empresario comunicará á autoridade laboral competente o resultado deste. Se se tivese alcanzado acordo, trasladará á autoridade laboral copia íntegra deste. En todo caso, comunicará aos representantes dos traballadores e á autoridade laboral a decisión sobre o despedimento colectivo que realiza, actualizando, se é o caso, os extremos da comunicación a que se refire o artigo 3.1. A comunicación que proceda realizarase como máximo no prazo de quince días a contar dende a data da última reunión celebrada no período de consultas.

2. A comunicación a que se refire o apartado anterior incluirá a documentación correspondente ás medidas sociais de acompañamento que se tivesen acordado ou ofrecido pola empresa e o plan de recolocación externa nos casos de empresas obrigadas á súa realización.

3. A empresa deberá remitir á autoridade laboral, ademais da información a que se refiren os dous apartados anteriores, as actas das reunións do período de consultas debidamente asinadas por todos os asistentes.

4. Transcorrido o prazo a que se refire o apartado 1 sen que o empresario comunicase a decisión de despedimento colectivo indicada no devandito apartado, producirase a caducidade do procedemento de despedimento colectivo, o que impedirá ao empresario iniciar un novo procedemento.

5. A autoridade laboral dará traslado da comunicación empresarial a que se refire o apartado 1 á entidade xestora das prestacións por desemprego e á Administración da Seguridade Social cando o procedemento de despedimento colectivo inclúa traballadores respecto dos que deba aplicarse o disposto no artigo 51.9 do Estatuto dos Traballadores, facendo constar en todo caso a data na que o empresario lle remitiu a devandita comunicación.

Quen pode solicitalo
Empresarios.

Requisitos

1. Tras a comunicación da decisión empresarial de despedimento colectivo, o empresario poderá comezar a notificar os despedimentos de xeito individual aos traballadores afectados, o que deberá realizar nos termos e condicións establecidos no artigo 53.1 do Estatuto dos Traballadores.

2. En todo caso deberán ter transcorrido como mínimo trinta días entre a data da comunicación da apertura do período de consultas á autoridade laboral e a data de efectos dos despedimentos.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Común para todos os procedementos:

    • Se o período de consultas remata con acordo, copia da acta no que se reflicte.

    • No caso de non figurar neste impreso os extremos modificados, memoria explicativa de documentación dos cambios levados a cabo con respecto á comunicación de inicio.

    • Relación nominal das persoas traballadoras afectadas (segundo anexo II), no caso de variar con respecto á comunicación de inicio.

    • Copia das actas das reunións do período de consultas debidamente asinadas por todos os asistentes.

  • Específica para todos os procedementos de despedimento colectivo:

    • Documentación correspondente ás medidas sociais de acompañamento que se acordaron ou ofrecesen pola empresa.

    • Se afecta a máis de 50 traballadores/as, plan de recolocación externa.

  • Específica para todos os procedementos de suspensión de contratos:

    • Calendario cos días concretos de suspensión de contratos individualizado por cada un dos traballadores afectados.

  • Específica para todos os procedementos de redución de xornada:

    • Calendario cos días concretos de redución de xornada individualizados por cada un dos traballadores afectados.

    • A porcentaxe da diminución temporal, computada sobre a base diaria, semanal, mensual ou anual, os períodos concretos nos que se vai a producir a redución, así como o horario de traballo afectado por esta, durante todo o período que se estenda a súa vixencia.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545743\ 981544615

Fax: 981957751

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 185 896/ 881 881 550

Fax: 981881581

Email: stes.ctb.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294331/ 982294329

Fax: 982294258

Email: stes.traballo.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 7ª E

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386815/ 988386401

Fax: 988 386 933

Email: relacionslaborais.emprego.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817685/ 886218290/ 986817386

Email: relacions-laborais.emprego.vigo@xunta.gal

Órgano responsable

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada (BOE nº 261, do 30 de outubro de 2012). Ligazón á normativa

    • Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 255, do 24 de outubro de 2015). Ligazón á normativa

    • Real decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade do emprego e a transformación do mercado de traballo (BOE nº 313 do 30 de decembro de 2021) Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR356B

Cualificación como empresa de inserción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR803A

Apertura ou recomezo da actividade de centros de traballo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano