Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR351B
Subvención para entidades locais que contraten axentes de emprego e desenvolvemento local.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
O establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria no exercicio 2024, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións para a prórroga de contratos ou para o apoio no financiamento do costo salarial das persoas que estean a desempeñar o posto de axente de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde as entidades locais ou, na súa falta, as entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local que fosen beneficiarias destas axudas na derradeira convocatoria, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As devanditas entidades, para poder ser beneficiarias destas axudas, necesariamente deben estar adheridas á Rede Xatemprego para o uso da aplicación web na xestión de actividades vinculadas á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local (https://xatemprego.gal/), en que deberán rexistrar todas as actividades e proxectos desenvoltos ao abeiro destas axudas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2 - 4
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185895/ 881881064
Fax: 881881576
Email: programascooperacion.emprego.coruna@xunta.gal; stes.ctb.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294241; 982294329
Fax: 982294282
Email: stes.traballo.lugo@xunta.gal; emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386401/ 988386807
Fax: 988386829
Email: programascooperacion.emprego.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817077/ 886218168
Fax: 986817010
Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/09/2024 00:00 - 24/10/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As persoas que desenvolvan as funcións de axentes de emprego e desenvolvemento local ao abeiro desta convocatoria, deberán ter superado con éxito os estudos de segundo ou primeiro ciclo de educación universitaria, e valorarase a experiencia profesional, así como os coñecementos extraacadémicos adquiridos en cursos monográficos de desenvolvemento local ou proxectos de emprego, xunto coa formación e/ou experiencia en materia de igualdade de xénero.
2. De ser necesario realizar algún proceso de selección para a cobertura de baixas temporais, este será efectuado pola entidade beneficiaria mediante o procedemento que consideren máis apropiado, sempre que se garanta a idoneidade para o posto, o cumprimento do disposto no parágrafo primeiro deste artigo, e se trate de persoas demandantes de emprego, ocupadas ou non, inscritas no servizo público de emprego de Galicia (Emprego Galicia).
Se a entidade decide optar pola presentación dunha oferta na oficina de emprego correspondente ao seu domicilio, esta terá a consideración de oferta de emprego ordinaria.
A selección deberá realizarse tendo en conta a data límite para remitir a documentación xustificativa establecida na resolución de concesión da subvención.
3. A entidade beneficiaria debe comunicar á Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, polas canles e nos prazos establecidos por esta, a incorporación destas persoas para os efectos de dalas de alta, en tempo e forma, na aplicación Xatemprego.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de persoa usuaria e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados pola persoa que ten a representación legal da entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.
Só poderá presentarse unha solicitude por cada entidade. No caso da presentación de varias solicitudes só se terá en conta a última, que deixará sen efecto e anulará todas as anteriores.
3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicional destas bases reguladoras.
4. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación da persoa secretaria da entidade solicitante segundo o modelo que se publica como anexo II, en que conste:
1º. A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.
2º. A disposición de financiamento para custear a parte non subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
3º. A aprobación, polo órgano competente, do proxecto para o cal se solicita a subvención. En caso de solicitude conxunta de tres ou máis concellos, ou de dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos, achegaranse as respectivas certificacións de todos os concellos que se agrupan.
4º. As retribucións salariais brutas da persoa traballadora, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, xuntando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.
b) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio ou acordo de colaboración de desenvolvemento conxunto do proxecto e, de ser o caso, memoria explicativa da realización e o financiamento conxunto da actuación.
2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela, e que fai constar os aspectos seguintes:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas e/ou concedidas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales solicita esta subvención, das distintas administracións públicas competentes.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
g) Acreditación de que a entidade local solicitante, ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, cumpriron co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
h) Que, en relación co establecido no artigo 2 da orde de convocatoria, a entidade solicitante dispón de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos proxectos solicitados.
i) Que a entidade solicitante dispón de financiamento suficiente para sufragar os custos do proxecto que, de ser o caso, deban ser asumidos pola devandita entidade.
j) Que as copias dos documentos sinalados nos números 1.a) e 1.b) do artigo 6 da orde de convocatoria coinciden cos orixinais e que se pon á disposición da Administración actuante para achegalos cando sexan requiridos.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Se do exame do expediente se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, terase por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Certificado da persoa secretaria (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración responsable de axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 184 do 24 de setembro de 2024).
-
Extracto da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 184 do 24 de setembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción
Aberto todo o ano
Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59