Guía de procedementos e servizos

TR349X

Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás acción formativas con compromiso de contratación.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 24/12/2019 00:00 - 14/12/2020 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Esta orde ten por obxecto proceder á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para a concesión de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (código de procedemento TR349X).

As bases reguladoras desta convocatoria son as que constan na Orde do 13 de agosto de 2019, coas especificacións que se establecen nesta orde.

1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

No caso das agrupacións temporais de empresa que presenten solicitude conxunta, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que como mínimo deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para a súa autorización. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.

2. De conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, poderán ser beneficiarias as empresas que sexan entidades de formación acreditadas e/ou inscritas, pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia, caso en que poderán asumir o compromiso de contratación mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral. Nestes supostos, será a entidade de formación beneficiaria a que asuma a responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación.

3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén como anexo de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora substituta deberá ter a condición de persoa alumna formada segundo o artigo 3.c) desta orde. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa subvencionada. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención. No caso de non ser posible a contratación anterior, debera ofertar a cobertura do posto ao resto do alumnado formado.

No caso de non ser posible a contratación do alumnado formado, deberá solicitar da oficina de emprego unha listaxe de persoas candidatas que posúa e acredite unha formación igual ou equivalente para o correcto desenvolvemento do posto de traballo.

Excepcionalmente, a entidade poderá solicitar á correspondente xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria a autorización para a selección directa de persoas candidatas, sempre e cando acrediten unha formación igual ou equivalente á que se require para o correcto desenvolvemento do posto de traballo.

2. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento desta obriga, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.

Para iso, a beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada e os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento.

3. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a acreditar, con independencia da contía da subvención, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro, de acordo co disposto no artigo 9 do Decreto 11/2009 polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544666

Fax: 981544659

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano