Guía de procedementos e servizos

TR302A

Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 09/02/2023 00:00 - 08/03/2023 23:59

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan de formación para o emprego dirixido a persoas traballadoras ocupadas, xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (procedemento TR302A).

Tamén poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que para tales efectos se determinan nos artigos 27 e 28.

2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2023-2025.

Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2023-2024.

1. Poderán solicitar as subvencións a que se refiren estas bases as entidades que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades disporán dun prazo máximo de dez días hábiles desde a data de entrada en vigor da orde de convocatoria para, no caso de non estaren dadas de alta, inscribirse no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir as especialidades formativas solicitadas e pagar, de ser o caso, a correspondente taxa previa á inscrición.

As entidades non inscritas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir especialidades formativas do Catálogo de especialidades na modalidade de teleformación deberán, con carácter previo á presentación da solicitude de subvención e no prazo máximo de dez días hábiles desde a data de entrada en vigor da orde de convocatoria, achegar a documentación acreditativa da súa inscrición no Registro Estatal, con indicación expresa da data en que esta tivo lugar, á conta de correo electrónico sx.formacionemprego@xunta.gal

2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas para impartir a especialidade formativa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se o caso que a formación se imparte total ou parcialmente na modalidade de teleformación, no Rexistro Estatal de Entidades de Formación, regulado na Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo.

3. As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente inscritas que permitan a impartición das actividades presenciais das acciones formativas solicitadas.

De ser o caso, os centros presenciais vinculados a entidades inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar localizados na Comunidade Autónoma de Galicia e inscritos para impartir a correspondente especialidade na data establecida no número 1 deste artigo. Estes centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.

4. As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual nos termos establecidos nesta orde e segundo as instrucións que ao respecto publique a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

5. O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de inscrición en prazo para algunha das especialidades formativas incluídas na solicitude dará lugar á exclusión das ditas accións formativas do programa formativo.

6. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

Para os efectos de velar pola dispoñibilidade das instalacións necesarias para executar o programa formativo, as solicitudes que presenten as entidades non poderán planificar o uso dunha aula física solapando as datas e horas de impartición de diferentes accións formativas ou de máis dun grupo dunha acción formativa.

7. Unha entidade de formación non poderá solicitar por convocatoria subvencións por importe superior a 1,5 veces a súa capacidade económica e financeira, que virá determinada polo volume anual de facturación e xestión da actividades de formación referido ao ano de maior volume dos tres exercicios anteriores ao do ano de publicación da correspondente convocatoria.

Naqueles casos en que as entidades de formación, pola data da súa constitución, non poidan acreditar o requirido no parágrafo anterior terán como límite de solicitude máximo o equivalente a 1,5 veces o capital social desembolsado.

8. As solicitudes que vaian presentar as entidades e o número de accións formativas incluídas no programa de formación para o cal se solicita subvención deberán aliñar a oferta formativa que se prevé impartir coa demanda de formación do mercado laboral e do potencial alumnado a que van dirixidas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 1º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545695/ 981546842

Email: sx.formacionemprego@xunta.gal

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR302A&gateway=true&lang=gl

https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/formacion-emprego/persoas-traballadoras-ocupadas?langId=es_ES

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano