Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR946B - Modificacións do rexistro de entidades deportivas.
Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.
Comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia as modificacións xurdidas no clube que afecten a este rexistro, como: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.
Entidades deportivas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
San Lázaro, s/n. Estadio Multiusos
15890 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542626
Fax: 981542638
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Deporte da Coruña
Praza de Agustín Díaz nº 1
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981132443
Fax: 981132527
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Deporte de Lugo
Rolda da Muralla nº 70-1º
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294559
Fax: 982294565
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Deporte de Ourense
Avda. da Habana, nº 79-4º andar
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386044
Fax: 988386051
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Deporte de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda nº 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986803926
Fax: 986803924
Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (DOG nº 71 do 13 de abril de 2012).
Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2014).
Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.
Prazo de presentación: PECHADO
O 22 / 09 /2024 ás 23:59 horas péchase o prazo para realizar as solicitudes de “Modificacións do Rexistro de Entidades Deportivas “ a través do procedemento PR946B.
A partir desta data as solicitudes deberán formularse a través do procedemento PR946A ”Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas”: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR946A&gateway=true
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. (Código taxa: 30.02.00)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
-
Solicitude segundo o Anexo III deste Decreto.
-
Documentos necesarios para a inscrición das modificacións estatutarias das entidades deportivas e entidades mercantís
Para a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia das modificacións estatutarias das entidades, deberase presentar a instancia de solicitude de inscrición da modificación estatutaria, ademais da seguinte documentación:
-
a) A versión integra dos novos estatutos da entidade.
-
b) Certificación polo/a secretario/a da entidade co visto e prace do/a presidente/a do acordo de aprobación do novo texto estatutario.
-
c) Documentación acreditativa da inscrición da modificación estatuaria noutros rexistros cando sexa preceptiva.
-
-
Documentos necesarios para a inscrición da composición de órganos de gobernó
-
A composición inicial do órgano de representación e administración das entidades deportivas e das entidades mercantís previstas pola Lei do deporte, e todas as variacións posteriores, serán inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
-
A inscrición dos nomeamentos practicarase mediante certificación do acordo de nomeamento.
-
Non se inscribirá o nomeamento dos membros do órgano de administración e representación dos que non conste a aceptación expresa dos/das titulares entrantes.
-
A inscrición do cesamento dos membros do órgano de goberno por morte, declaración de defunción ou extinción da personalidade xurídica practicarase logo de certificación do correspondente rexistro.
-
Se o cesamento fose acordado por resolución xudicial ou administrativa practicarase mediante testemuño desta.
-
A inscrición da renuncia practicarase mediante comunicación á persoa encargada do rexistro pola entidade deportiva ou a persoa interesada ou mediante comparecencia ante a persoa encargada do Rexistro.
-
Se o cesamento ou suspensión fose acordado por outras causas distintas das expostas, practicarase mediante a oportuna certificación e deberá constar a notificación do cesamento á persoa interesada.
-
A falta de inscrición da nova composición ou reelección dos órganos de representación e administración das entidades deportivas por causas imputables a estas, comportará, a partir da entrada en vigor do presente regulamento, a cancelación rexistral da entidade se nun prazo de un ano a partir da fin do mandato do anterior órgano directivo non se produce ningunha comunicación ao Rexistro.
-
-
Disolución ou extinción das entidades deportivas
Para recoller a disolución, liquidación e extinción dunha entidade deportiva achegarase, ademais da instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, da solicitude da baixa da entidade, a seguinte documentación:
-
a) A certificación dos oportunos acordos de disolución e liquidación.
-
b) O nomeamento, suspensión e cesamento das persoas liquidadoras.
-
c) Certificación por parte das persoas liquidadoras, do destino dado, se e o caso, ao remanente existente.
-
-
Documentos para a inscrición da declaración de utilidade pública e de outras declaracións análogas
Para a inscrición da declaración de utilidade pública dunha entidade deportiva, declaración de institución privada de carácter cultural ou outras de análoga natureza, deberá presentarse testemuña da resolución administrativa correspondente.
-
Transformación de entidades deportivas en asociacións de rexime xeral
A transformación dunha entidade deportiva inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia nunha asociación de rexime xeral suporá a cancelación rexistral, para o que se achegará a seguinte documentación:
-
a) Instancia dirixida ao Rexistro coa solicitude de cancelación.
-
b) Certificación do acordo de transformación.
-
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e do 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
-
* O prazo para solicitar a inscrición da escritura de constitución e da escritura de modificación de estatutos será de dous meses desde o seu outorgamento.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios.
Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.