Guía de procedementos e servizos

PR473A

Admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 09/11/2020 00:00 - 04/12/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Quen pode solicitalo

Persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Requisitos

Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:

a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

b) Carecer de antecedentes penais.

c) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto cinco desta resolución.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: PECHADO

09/11/2020 00:00 - 04/12/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitudes

As solicitudes do procedemento PR473A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación,

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR473A (admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas).

a) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.

b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.01), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento (PR473A) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

c) Situación de desemprego.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Anexos

Taxas asociadas

  • Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación. ( 30.48.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avenida da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Email: formacion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Órgano responsable

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010). Ligazón á normativa

    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 do 27 de abril de 2010). Ligazón á normativa

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011). Ligazón á normativa

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015). Ligazón á normativa

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015). Ligazón á normativa

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018). Ligazón á normativa

    • Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 225 do 6 de novembro de 2020). Ligazón á normativa

    • Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento PR473A) (DOG nº 2 do 5 de xaneiro de 2021). Ligazón á normativa

    • Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2021). Ligazón á normativa

    • Resolución do 8 de abril de 2021 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225, do 6 de novembro) (DOG nº 71 do 16 de abril de 2021). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano