Guía de procedementos e servizos

PR212A

Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.

Inscrición no Rexistro de Parellas de feito.

Parellas de feito.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Xestión Técnico-administrativa da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185974

Fax: 881881084

Email: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262/ 982294598

Fax: 982889169

Email: rexistroparellasdefeito.pr.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386408

Fax: 988386384

Email: parellas.xustiza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805312/ 986805383

Fax: 986805391

Email: parellasdefeito.pr.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Xustiza

O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.

Prazo de presentación: ABERTO

De conformidade coa Disposición final única do Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025), o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 7 de abril de 2025 e permanecerá aberto indefinidamente.

Para os efectos de aplicación da Lei de Dereito Civil de Galicia, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden, por tanto, aos membros da parella os dereitos e as obrigacións que esta lei lles recoñéce aos cónxuxes.

Terán a condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de feito de Galicia.

a) Ser maiores de idade.

b) Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao. c) Manifestar a vontade de constitución de parella de feito.

d) Non estar ligados por matrimonio.

e) Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.

f) Ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega.

g) Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentación para a presentación:

Solicitude normalizada segundo o anexo I deste Decreto.

Solicitude normalizada segundo o anexo VII deste Decreto.

Certificado acreditativo do estado civil, no caso de persoas solicitantes estranxeiras.

Documentación acreditativa da viuvez, de ser o caso.

Pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella, se existe.

Documentación a comprobar pola Administración, salvo oposición das persoas solicitantes, en cuxo caso terán que achegala:

Datos de identidade das persoas solicitantes (DNI/NIE).

Certificado de residencia, con data de a última variación do padrón das persoas solicitantes.

Certificado histórico de municipios da persoa solicitante ou datos de nacemento dunha das persoas que conformen a parella, para comprobar a veciñanza civil galega.

Certificado de nacemento e/ou de matrimonio para acreditar a emancipación, a nulidade, o divorcio ou a separación legal das persoas convivintes en parella estable, ou, de ser o caso, sentenza xudicial firme de divorcio ou nulidade.

Certificado de nacemento dos fillos e das fillas comúns.

As solicitudes de inscrición, cancelación conxunta, cancelación individual, incorporación ou modificación de pacto e de certificación, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e de firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (DOG nº 135 do 12 de xullo de 2001).

    • Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006).

    • Corrección de erros.-Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº189 do 29 de setembro de 2006).

    • Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2007).

    • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    • Decreto 248/2007 do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2008).

    • Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

PR204A

Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204B

Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204C

Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR212B

Cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano