Guía de procedementos e servizos

PE616B

Tarxetas de identidade profesional náutico pesqueira.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Se vostede quere obter, renovar ou pedir un duplicado, no caso de extravío destrucción ou roubo, da súa tarxeta acreditativa da súa titulación náutico-pesqueira debe solicita-la da Xunta de Galicia.

Solicitantes de tarxetas acreditativas de titulacións náutico-pesqueiras das correspondentes profesións.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

https://mar.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo sexa emisión inicial, renovación, emisión de duplicados ou validacións e cambios.

  • Por expedición das tarxetas acreditativas das titulacións. ( 30.26.01)
  • Por renovación e emisión de duplicado das tarxetas acreditativas das titulacións ( 30.26.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Anexo I segundo o Anexo I.

  • DOCUMENTACIÓN COMÚN:

    • Unha fotografía.

    • Xustificante de aboamento das taxas correspondentes.

    • Copia da primeira folla da libreta de inscrición marítima.

  • EXPEDICIÓN:

    • Certificado acreditativo de ter efectuados os días de embarque ou períodos de embarque.

    • Certificado do exame.

    • Documentación que acredite os requisitos exixidos en cada titulación.

  • RENOVACIÓN:

    • Tarxeta antiga.

    • Certificado do ISM de non ser pensionista, tanto por xubilación como por invalidez ou, se fora o caso, da seguridade social.

    • Certificado de recoñecemento médico.

  • DUPLICADO:

    • Declaración responsable de extravío, destrución ou roubo.

    • Copia das follas da libreta onde apareza a titulación.

    • Certificado de recoñecemento médico.

  • CONVALIDACIÓN OU TROUCO:

    • Copia das tarxetas que motivan a validación ou o cambio.

    • Copia da libreta de inscrición marítima. Copias da primeira folla da sección de titulacións e do recoñecemento médico.

    • Documentación que acredite os requisitos exixidos para a validación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e adxuntar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  

    Despois de presentar

    Prazo de resolución: 3 meses

    Sentido do silencio: NEGATIVO

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    Normativa
    • Ámbito Autonómico
      • Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos (DOG nº 119 do 23 de xuño de 1998).

      • Orde do 7 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 8 de xuño de 1998, pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.(DOG nº 55 do 20 de marzo de 2000).

      • Orde do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2012).

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    PE113E

    Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

    PE301A

    Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    PE301B

    Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    PE401B

    Permiso de explotación a pé.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano