Guía de procedementos e servizos

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Desde a opción "Tramitar en liña" pode acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica da solicitude.

No caso das licenzas de pesca marítima de recreo en superficie é obrigatorio realizar o pago desde o formulario para obter a licenza, pulsando o botón co símbolo do euro.

Nas outras modalidades de licenzas de pesca marítima de recreo pódese realizar o pago desde o propio formulario ou por fóra del. Neste caso pódese anexar o xustificante de pago da taxa na presentación.

Se ten dúbidas sobre a presentación destes datos, pode consultar esta guía rápida.

O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades de licenza que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo, así como o procedemento para a obtención das autorizacións das embarcacións da lista 6ª do Rexistro de matrícula de buques e a validación das licenzas de pesca submariña concedidas por outras comunidades autónomas ou por outros estados membros. Así mesmo, determina as zonas nas que está prohibido o exercicio da pesca marítima de recreo submariña, os topes máximos de captura autorizados e certas condicións relativas ás autorizacións para a celebración de concursos e competicións deportivas.

(*) Para a resolución da solicitude no momento da súa presentación pode facer a tramitación deste procedemento a través do SERI (Servizo de Resposta Inmediata). Dispón dun modelo de solicitude específico.

(**) Para a concesión ou renovación da licenza para exercer a pesca marítima de recreo en superficie (clase A) pode facer a súa tramitación por vía escrita ou telemática.

Quen pode solicitalo

Practicantes da pesca marítima de recreo e submarina.

Requisitos

Debe cumpli-las seguintes condicións:

- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo en superficie é necesario ter unha idade mínima de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente de ser requerido.

- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo submarina é necesario ter cumpridos os 16 anos.

Para a solicitude vía telemática deberá dispoñer do correspondente certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A licenza de pesca marítima de recreo poderá renovarse cunha antelación mínima de dous meses antes da fin da súa vixencia.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

Desde a opción "Tramitar en liña" pode acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica da solicitude.

No caso das licenzas de pesca marítima de recreo en superficie é obrigatorio realizar o pago desde o formulario para obter a licenza, pulsando o botón co símbolo do euro.

Nas outras modalidades de licenzas de pesca marítima de recreo pódese realizar o pago desde o propio formulario ou por fóra del. Neste caso pódese anexar o xustificante de pago da taxa na presentación.

Se ten dúbidas sobre a presentación destes datos, pode consultar esta guía rápida.

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • As solicitudes de obtención ou renovación da licenza de pesca marítima en superficie poderán presentarse, á elección da persoa solicitante da seguinte forma:

    • 1) Vía escrita (en soporte papel), solicitude normalizada segundo o anexo II acompañada da documentación requirida.

      Tamen poderán expedirse ou renovarse as licenzas, nas entidades financeiras nas que se realice o pagamento da taxa e que subscribisen o correspondente convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a tramitación de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie. Neste caso unicamente será necesario a presentación do DNI ou pasaporte.

    • 2) Vía telemática (por medios electrónicos):

      Poderá accederse a esta vía de presentación a traves da ligazón “Tramitar en liña” onde se disporán os medios de axuda para a presentación da solicitude e a obtención ou renovación da licenza.O solicitante poderá acceder a este servizo para obter ou renovar a licenza empregando o seu usuario e contrasinal de chave365 ou con un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3, consonte o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG do 24 de xuño) e modificado polo Decreto 38/2009, do 19 de febreiro (DOG do 3 de marzo) polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, e realizando o pagamento da taxa por algún dos procedementos habilitados. 

  • Documentación necesaria para a obtención ou renovación da licenza de pesca marítima derecreo.

    • a) Para a licenza de pesca marítima de recreo en superficie anexo II acompañado da seguinte documentación:

      -DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.

      -Xustificante do pagamento da correspondente taxa.

    • b) Para a licenza de pesca marítima de recreo submariña solicude segundo o anexo III acompañada da seguinte documentación:

      -DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.

      -Certificado medico oficial que acredite a aptitude para a práctica da pesca submariña. Os certificados medicos que cumpran os requisitos do artigo 25 da Orde do 14 de outubro de 1997 pola que se aproban as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas terán unha validez de dous anos. O resto dos certificados medicos considerarase que terán unha validez dun ano desde a data de emisión.

      -Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cobra os accidentes en que puidese incorrer o titular da licenza durante o período da súa validez.

      -Licenza de armas ou tarxeta federativa que a substitúa.

      -Xustificante do pagamento da correspondente taxa.

      -Documento que acredite o consentimento paterno, materno ou titorial cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado.

    • c) Autorizacións temporais das embarcacións da 6ª lista do Rexistro de matrícula de buques. presentarán unha solicitude de conformidade co modelo que figura no anexo IV desta orde, acompañada da seguinte documentación:

a) DNI, pasaporte ou autorización de consulta.

b) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do rol da embarcación.

c) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do despacho ante Capitanía Marítima.

d) Xustificante do pagamento da taxa correspondente.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

1 meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Pesca

Servizo de Pesca

Praza de Europa, 5A-4º

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544072

Fax: 981544740

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Xefatura Comarcal de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805470

Fax: 986805512

Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Xefatura Comarcal de Ferrol

PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337315

Fax: 981337318

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Xefatura Comarcal de Ribeira

PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881997155

Fax: 881997151

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa

Alto da Rosa s/n - Carril

36610  Vilagarcía de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 886206308

Fax: 886206314

Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

Órgano responsable

Servizo de Pesca
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 139 do 21 de xullo de 1999). Ligazón á normativa

    • Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 188 do 24 de setembro de 2009). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE001B

Modificación ou baixa no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE200A

Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401A

Permiso de explotación para embarcación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano