Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE405A - Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
O obxecto desta orde é regular o procedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades de licenza que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo, así como o procedemento para a obtención das autorizacións das embarcacións da lista 6ª do Rexistro de matrícula de buques e a validación das licenzas de pesca submariña concedidas por outras comunidades autónomas ou por outros estados membros. Así mesmo, determina as zonas nas que está prohibido o exercicio da pesca marítima de recreo submariña, os topes máximos de captura autorizados e certas condicións relativas ás autorizacións para a celebración de concursos e competicións deportivas.
(*) Para a resolución da solicitude no momento da súa presentación pode facer a tramitación deste procedemento a través do SERI (Servizo de Resposta Inmediata). Dispón dun modelo de solicitude específico.
(**) Para a concesión ou renovación da licenza para exercer a pesca marítima de recreo en superficie (clase A) pode facer a súa tramitación por vía escrita ou telemática.
Practicantes da pesca marítima de recreo e submarina.
Debe cumpli-las seguintes condicións:
- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo en superficie é necesario ter unha idade mínima de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente de ser requerido.
- Para ser titular dunha licenza de pesca marítima de recreo submarina é necesario ter cumpridos os 16 anos.
Para a solicitude vía telemática deberá dispoñer do correspondente certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Pesca
Servizo de Pesca
Praza de Europa, 5A-4º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544072
Fax: 981544740
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ferrol
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ribeira
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Servizo de Pesca
Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 139 do 21 de xullo de 1999).
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo (DOG nº 188 do 24 de setembro de 2009).
Desde a opción "Tramitar en liña" pode acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica da solicitude.
No caso das licenzas de pesca marítima de recreo en superficie é obrigatorio realizar o pago desde o formulario para obter a licenza, pulsando o botón co símbolo do euro.
Nas outras modalidades de licenzas de pesca marítima de recreo pódese realizar o pago desde o propio formulario ou por fóra del. Neste caso pódese anexar o xustificante de pago da taxa na presentación.
Se ten dúbidas sobre a presentación destes datos, pode consultar esta guía rápida.
Prazo de presentación: ABERTO
-
As solicitudes de obtención ou renovación da licenza de pesca marítima en superficie poderán presentarse, á elección da persoa solicitante da seguinte forma:
-
1) Vía escrita (en soporte papel), solicitude normalizada segundo o anexo II acompañada da documentación requirida.
Tamen poderán expedirse ou renovarse as licenzas, nas entidades financeiras nas que se realice o pagamento da taxa e que subscribisen o correspondente convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a tramitación de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie. Neste caso unicamente será necesario a presentación do DNI ou pasaporte.
-
2) Vía telemática (por medios electrónicos):
-
-
Poderá accederse a esta vía de presentación a traves da ligazón “Tramitar en liña” onde se disporán os medios de axuda para a presentación da solicitude e a obtención ou renovación da licenza.O solicitante poderá acceder a este servizo para obter ou renovar a licenza empregando o seu usuario e contrasinal de chave365 ou con un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3, consonte o disposto no Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG do 24 de xuño) e modificado polo Decreto 38/2009, do 19 de febreiro (DOG do 3 de marzo) polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, e realizando o pagamento da taxa por algún dos procedementos habilitados.
-
Documentación necesaria para a obtención ou renovación da licenza de pesca marítima derecreo.
-
a) Para a licenza de pesca marítima de recreo en superficie anexo II acompañado da seguinte documentación:
-DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.
-Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
-
b) Para a licenza de pesca marítima de recreo submariña solicude segundo o anexo III acompañada da seguinte documentación:
-DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta.
-Certificado medico oficial que acredite a aptitude para a práctica da pesca submariña. Os certificados medicos que cumpran os requisitos do artigo 25 da Orde do 14 de outubro de 1997 pola que se aproban as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas terán unha validez de dous anos. O resto dos certificados medicos considerarase que terán unha validez dun ano desde a data de emisión.
-Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cobra os accidentes en que puidese incorrer o titular da licenza durante o período da súa validez.
-Licenza de armas ou tarxeta federativa que a substitúa.
-Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
-Documento que acredite o consentimento paterno, materno ou titorial cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado.
-
c) Autorizacións temporais das embarcacións da 6ª lista do Rexistro de matrícula de buques. presentarán unha solicitude de conformidade co modelo que figura no anexo IV desta orde, acompañada da seguinte documentación:
-
a) DNI, pasaporte ou autorización de consulta.
b) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do rol da embarcación.
c) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do despacho ante Capitanía Marítima.
d) Xustificante do pagamento da taxa correspondente.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: 1 meses
Sentido do silencio: POSITIVO
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Cambio de porto base.
Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.