Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE205I - Axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura.
Regular a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á realización de proxectos para desenvolver coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, desenvolver ou introducir no mercado novas especies acuícolas e estudar a viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos e servizos innovadores.
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas e as súas entidades asociativas con ámbito de actuación local ou autonómico, legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro, que desenvolvan proxectos de innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos recoñecidos polo Estado ou pola la Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos desta orde considérase empresa acuícola ás persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os que teñan carácter experimental.
Os proxectos deben ser levados a cabo en colaboración cun organismo científico ou técnico recoñecido que actuará como entidade subcontratada. Para os efectos, terán esta consideración:
a) Os incluídos nun rexistro creado, de acordo co Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, e as posteriores modificacións que poidan producirse.
b) Os organismos das comunidades autónomas recoñecidos como tales pola normativa autonómica.
c) Os organismos públicos de investigación.
d) As universidades públicas e privadas.
e) Outras entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i.
Neste sentido, consideraranse como OPI os organismos definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, é dicir, os creados para a execución directa de actividades de investigación científica e técnica, de actividades de prestación de servizos tecnolóxicos, e daqueloutras actividades de carácter complementario, necesarias para o adecuado progreso científico e tecnolóxico da sociedade, que lles sexan atribuídas pola devandita lei ou polas súas normas de creación e funcionamento.
Teñen a condición de organismos públicos de investigación da Administración xeral do Estado, de acordo con o citado precepto: a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), o Centro de Investigacións Enerxéticas Ambientais e Tecnolóxicas (Ciemat), e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), sen prexuízo da súa propia natureza consorcial.
Así mesmo, consideraranse OPI os organismos recoñecidos como tal pola normativa propia das comunidades autónomas.
As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non concorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non encontrarse nalgún dos supostos establecidos no número 1, letras a), b) e c), e no número 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:
– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo no marco da PPC.
– Estar ou ter estado nos últimos 24 meses involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada), ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
– Ter cometido algún dos delitos ambientais establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo e do Consello. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometera un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarada culpable de cometer fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.
d) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.
e) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo o proxecto ou ter presentadas as solicitudes destas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.
As actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á avaliación previa de impacto ambiental ordinaria ou simplificada (artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e artigo 33 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia), deberán contar, no prazo de xustificación do pagamento da derradeira anualidade, coa declaración de impacto ambiental ou o informe de impacto ambiental, así como coa autorización do seu órgano substantivo, incorporando as súas determinacións e condicións.
f) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Ter capacidade administrativa financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
h) Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar e cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de persoa beneficiaria. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor, no caso de falta de pagamento.
A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:
a. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) seguinte e con suxeición á súa regulación.
b. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, presentarase «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.
Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para os efectos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición final sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
i) No caso de que as persoas titulares do establecemento de acuicultura obxecto da axuda sexan unha pluralidade de persoas, aquelas que declaren un 0 % de participación no anexo V deberán cumprir os requisitos sinalados nas letras a), b), c) e f).
As posibles persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura, tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Acuicultura
Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura
Praza Europa 5A, 4º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997247
Email: axudas.acuicultura@xunta.gal
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 131 do 8 de xullo de 2024).
Extracto da Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 131 do 8 de xullo de 2024).
Corrección de erros. Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 135 do 12 de xullo de 2024).
Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 201 do 17 de outubro de 2024).
Extracto da Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 25 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 201 do 17 de outubro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
09/07/2024 00:00 - 08/08/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
– Anexo II. Datos do proxecto.
– Anexo III. Orzamento do proxecto.
– Anexo IV. Declaracións do organismo científico ou técnico que colabora na realización do proxecto.
– Anexo V. Pluralidade de persoas solicitantes, de ser o caso.
– Anexo VI. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, de ser o caso.
– Anexo VII.1. Declaración relativa á condición de peme (só cando a persoa solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas).
– Anexo VII.2. Declaración relativa á condición de peme (só no caso de persoas xurídicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica).
– Anexo VII.3. Declaración relativa á condición de peme (só para as persoas físicas relacionadas no número 2 do anexo VII.2 que cumpran o requisito específico).
– Anexo VIII. Declaración responsable de aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.
– Anexo IX. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, de ser o caso.
2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:
2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante:
2.1.1. Para persoas xurídicas:
a) Certificación rexistral dos estatutos sociais e da constitución, así como dos representantes legais e apoderados da persoa xurídica, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde.
b) Copia auténtica do poder de representación do representante legal da persoa solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.
c) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
d) Certificación do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do exercicio económico 2022, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, incluído informe de auditoría, de ser o caso.
No caso de non ter a obriga de depositar as contas nun rexistro, debe presentar as contas anuais do exercicio económico 2022 aprobadas pola asemblea xeral correspondente, incluído o informe de auditoría, de ser o caso.
e) Imposto de sociedades do exercicio económico 2022 en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, só no caso de que a persoa solicitante declare que é unha micro, pequena ou mediana empresa.
f) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.
g) Certificación do Rexistro Mercantil, ou do rexistro que corresponda, das contas anuais consolidadas do exercicio 2022, tanto se foron depositadas pola persoa solicitante como aquelas contas en que a persoa solicitante estea incluída, emitida con posterioridade á data de publicación desta orde, incluíndo o informe de auditoría do exercicio 2022, de ser o caso. Esta documentación deberá presentarse só no caso de que a persoa solicitante declare que é unha micro, pequena ou mediana empresa.
h) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.
i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA.
j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza.
2.1.2. Para persoas físicas:
a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso.
b) Declaración da renda dos exercicios 2021 e 2022, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde.
d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen no anexo V e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar exclusivamente a nome de todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo V unha porcentaxe de participación superior ao 0 %:
a) Declaración resumo anual do IVE do exercicio económico 2023 ou, no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do dito exercicio, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de ser o caso, de cada persoa solicitante.
b) Declaración da renda dos exercicios 2021 e 2022, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada persoa solicitante.
c) Certificado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, emitido con posterioridade á data de publicación desta orde, de cada persoa solicitante.
d) Informe de riscos, expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con posterioridade á data de publicación desta orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado, de cada persoa solicitante.
2.2. Memoria técnica do proxecto, realizada segundo o índice que se inclúe como anexo XVI, asinada pola persoa solicitante e pola persoa representante do organismo científico-técnico subcontratado.
2.3. Plan de financiamento do proxecto:
a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando, para cada anualidade, o importe que se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.
b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:
• Recursos propios:
– Certificados bancarios emitidos con posterioridade á data de publicación desta orde, nun modelo oficial da entidade, debidamente asinados e selados ou asinados electronicamente, das contas da persoa solicitante onde consten o/os seu/s titular/es, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. As contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.
Non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.
No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias en que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.
– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste, emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde.
– Noutros casos, deberase achegar a documentación financeira correspondente.
• Recursos alleos:
– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.
Non se admitirán préstamos en que figure como prestameira algunha persoa que non teña a condición de solicitante.
No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán préstamos en que figure como prestameira algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.
– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario emitido con posterioridade á data de publicación desta orde nun modelo oficial da entidade, debidamente asinado e selado ou asinado electronicamente, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.
Non se admitirán pólizas de crédito en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.
No caso de pluralidade de persoas solicitantes, non se admitirán pólizas de crédito en que figure como titular algunha persoa que non teña unha participación declarada no anexo V superior ao 0 %.
– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste emitido/s con posterioridade á data de publicación desta orde, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, de ser o caso.
– Noutros casos, deberase achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).
2.4. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos para a realización do proxecto.
Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000,00 euros, no caso de execución de obras, ou de 15.000,00 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo VI desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
2.5. Seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.
2.6. No caso de que o proxecto inclúa custos para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.
2.7. No caso de que se inclúan custos para maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo, sempre que sexa posible.
2.8. No caso de que se inclúan custos de amortización de equipamento ou material, deberá achegarse informe asinado polo representante legal da empresa ou organización solicitante en que se detalle o método de cálculo utilizado.
2.9. Se a realización do proxecto require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente.
2.10. Se a realización do proxecto require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo as actuacións previstas, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de tela presentado.
Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior as actividades que teñan como obxecto da axuda un proxecto normativamente suxeito á avaliación previa de impacto ambiental ordinaria ou simplificada. Neste caso, a comprobación de que o proxecto conta coa correspondente autorización será realizada polo órgano xestor.
2.11. Certificación bancaria acreditativa de que a titularidade da conta corrente sinalada no anexo I corresponde unicamente á persoa solicitante ou, no caso de pluralidade, exclusivamente a todas as persoas solicitantes que indiquen no anexo V unha porcentaxe de participación superior ao 0 %.
2.12. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, co fin de comprobar o requisito establecido no artigo 5.h) desta orde:
– Certificación ou «informe de procedementos acordados», emitida/o por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
2.13. Factura da certificación ou do «informe de procedementos acordados» do auditor mencionado no punto anterior. Se o gasto unitario da factura supera os 15.000,00 euros, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes provedores. A elección realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
2.14. Contrato asinado co organismo científico ou técnico, cuxa execución pode estar condicionada á aprobación da axuda por parte da Consellería do Mar.
No devandito contrato, o organismo científico ou técnico deberá comprometerse a participar de forma activa no proxecto e a elaborar un informe de validación dos resultados do proxecto no momento da súa finalización. A non participación do organismo ou a non validación dos resultados será motivo de perda do dereito ao cobramento da axuda concedida.
Deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes coa descrición específica das actividades realizadas por cada un deles nel e a súa porcentaxe de dedicación ao proxecto, orzamento total desagregado por conceptos, de ser o caso, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados.
2.15. No caso de que a porcentaxe da subvención solicitada sexa do 100 % deberá achegarse unha memoria en que se xustifique que o proxecto cumpre os seguintes requisitos:
– Ser de interese colectivo;
– Ter un beneficiario colectivo;
– Ter características innovadoras ou que garantan o aceso do público aos seus resultados.
No caso de que o establecemento de acuicultura sexa titularidade dun matrimonio casado en réxime de gananciais, deberá presentarse a documentación correspondente ao número 2.1.3 deste artigo referido á pluralidade de persoas.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Para os efectos de presentación da solicitude, as persoas interesadas poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo IX desta orde.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE de cada persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.
d) DNI/NIE da persoa representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.
e) NIF da entidade representante autorizada para os efectos da presentación da solicitude.
f) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
h) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
i) Consulta de estar ao día no pagamento, cada persoa solicitante, das obrigas por reintegro de subvencións, emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).
j) Consulta de estar ao día, cada persoa solicitante, no pagamento por infraccións da normativa marítimo-pesqueira, emitida pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).
k) Informe sobre sancións graves das persoas solicitantes de axudas cofinanciadas co FEMPA, de conformidade co artigo 11.1.a) do Regulamento FEMPA, emitido polo Servizo Técnico Xurídico da Consellería do Mar, con respecto a cada persoa solicitante.
l) Consulta de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza, con respecto a cada persoa solicitante.
m) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con respecto a cada persoa solicitante.
n) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de inexistencia de antecedentes penais, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
ñ) Consulta de non ter sido declarada culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.
o) Consulta de non estar nin ter estado, cada persoa solicitante, nos últimos 24 meses, involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, ou na explotación, xestión ou propiedade de buques que estean ou estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, obtido do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
p) No caso de persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas, consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade do Rexistro Central de Penados e Rebeldes do Ministerio de Xustiza. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de delitos solicitarase á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
q) Consulta de non ter cometido ningún dos delitos sinalados nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtida a través da plataforma de interoperabilidade da Base de datos nacional de subvencións, con respecto a cada persoa solicitante.
r) Consulta de resolucións de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto, concedidas pola Xunta de Galicia, de ser o caso, con respecto a cada persoa solicitante.
s) Consulta de concesións de subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.
t) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas, con respecto a cada persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado do formulario correspondente (anexo I, anexo V ou anexo IX) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Declaración de PEME (persoa física, pluralidade de persoas físicas) (Anexo VII.1)
- Declaración de PEME (persoas xurídicas) (Anexo VII.2)
- Índice da Memoria Técnica do proxecto (Anexo XVI)
- Declaracións do organismo científico ou técnico que colabora na realización do proxecto (Anexo IV)
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo V)
- Declaración responsable de aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade (Anexo VIII)
- Solicitude (Anexo I)
- Relación de ofertas solicitadas e elixidas (Anexo VI)
- Orzamento do proxecto (Anexo III)
- Declaración de PEME (persoas físicas partícipes en persoas xurídicas) (Anexo VII.3)
- Datos do proxecto (Anexo II)
- Retribucións brutas máximas do persoal contratado (Anexo XV)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Explicación das diferenzas entre os gastos aprobados e os realizados (Anexo XI)
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas a investimentos produtivos en acuicultura.
Axudas para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.
Axudas a investimentos que potencien os efectos positivos no medio ambiente, a eficiencia dos recursos e a redución do uso da auga e químicos.
Axudas dirixidas ao sector da acuicultura para investimentos produtivos e creación de empresas, investimentos para a neutralidade climática e servizos de asesoramento.
Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños
Axudas para compensar aos acuicultores que tiveran perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote de Covid-19, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).