Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE101A - Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.
Obxecto
Se vostede, como armador dunha embarcación pesqueira, quere realizar obras para a modernización e/ou reconversión do seu buque pesqueiro, incluíndo os cambios de motor que supoñan aumento da tonelaxe de rexistro bruto ou da potencia propulsora, debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.
A quen vai dirixido?
Armadores de embarcacións pesqueiras
Requisitos
- Aportar as baixas dos buques da lista terceira, debidamente inscritos no Censo da Flota Pesqueira Operativa.
- Os buques que aporte como baixas deben cumprir os mesmos requisitos que para as baixas das novas construccións.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Praza de Europa, 5A, 4º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540099
Fax: 981544740
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Rúa Ramón y Cajal, nº 2 - 5º andar
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
Rúa Ramón Canosa, nº 1 - Celeiro
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Órgano responsable
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Orde do 5 de maio de 1998 pola que se regula a tramitación das autorizacións de construcción e modernización de buques pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 101 do 28 de maio de 1998).
Ámbito Estatal
Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 245, do 10 de outubro de 2009).
Corrección de erros do Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 261, do 29 de outubro de 2009).
Real Decreto 1586/2012, do 23 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 283, do 24 de novembro de 2012).
Real Decreto 952/2014, do 14 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1549/2009, do 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca (BOE nº 277, do 15 de novembro de 2014).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Documentación común :
- Acreditación da representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.
- Solicitudes de autorización de nova construción:
- Anexo II.
- Proxecto realizado por persoal técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB e información detallada do motor que se vaia instalar.
- Xustificante do aboamento da taxa por autorización de construción de novas embarcacións.
Carpeta de baixas constituída por:
- Folla de asento certificada e actualizada na que conste a aportación como baixa.
- Certificación do Rexistro mercantil acreditativa da titularidade do buque e a ausencia de cargas e gravames.
- Certificación da Capitanía marítima correspondente acreditativa da actividade pesqueira do buque nos 12 meses anteriores á data do expediente, salvo que estea eximido deste requisito pola normativa básica de aplicación, o cal se acreditará.
- Compromiso de baixa formulado nos termos que indica o artigo 4.4.D) da Orde do 5 de maio de 1998.
- Se é o caso, documento acreditativo da liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
- Solicitudes de autorización de modernización ou reconversión :
- Folla de asento certificada e actualizada do buque.
- Anexo III cumprimentado nos apartados que corresponda.
- Xustificante do aboamento da taxa por autorización de obras de modernización e reconversión de buques.
- Para os cambios de censo, caladoiro ou modalidade e nas instalacións ou modificacións dos sistemas ou equipos de detección, extracción, conservación ou tratamento da pesca: unha memoria explicativa.
- Nas obras que impliquen unha variación das características ou disposición estrutural do buque: proxecto realizado por técnico competente que debe incluír cálculo de arqueo en GT e TRB.
- Nas instalacións ou cambios de motor: catálogo coa información técnica detallada deste.
- Cando as obras impliquen un incremento do arqueo en GT ou da potencia propulsora do buque, carpeta de baixas constituída por:
- Folla de asento certificada e actualizada na que conste a aportación como baixa.
- Certificación do Rexistro mercantil acreditativa da titularidade do buque e a ausencia de cargas e gravames.
- Certificación da Capitanía marítima correspondente acreditativa da actividade pesqueira do buque nos 12 meses anteriores á data do expediente, salvo que estea eximido deste requisito pola normativa básica de aplicación, o cal se acreditará.
- Compromiso de baixa formulado nos termos que indica o artigo 4.4.D) da Orde do 5 de maio de 1998.
- Se é o caso, documento acreditativo da liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- NIF da entidade solicitante
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"