Guía de procedementos e servizos

MR710A

Axudas proxectos de cooperación LEADER. PDR de Galicia 2014-2020. Submedida 19.3

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 01/09/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

1. Esta resolución ten o obxecto de convocar, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2022 e 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación).

2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural (submedida 19.3 da medida Leader), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), que foron aprobadas mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 30 de xullo de 2018, e publicadas mediante a Resolución do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto). As ditas bases reguladoras foron modificadas mediante o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 28 de xuño de 2022, e publicadas mediante a Resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 6 de xullo de 2022 (DOG núm. 134, do 14 de xullo. Corrección de erros, DOG núm. 139, do 21 de xullo).

3. O código de procedemento que corresponde a esta convocatoria é MR710A.

Poderán ser beneficiarios os grupos da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural

Lugar da Barcia, nº 56 - Laraño

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547362

Email: area.apoio.gal.agader@xunta.gal

https://agader.xunta.gal/

Cita previa no teléfono 981547362

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Prazo de presentación: PECHADO

01/09/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59

Esta convocatoria establece un só procedemento de selección. Neste senso, establécese o prazo dun mes para a admisión de solicitudes de axuda, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta convocatoria.

Para seren beneficiarios destas axudas, os grupos deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar ao días nas súas obrigacións tributarias, tanto coa Facenda do Estado como coa da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Comprometerse a destinar as dotacións financeiras asignadas exclusivamente á preparación e realización das actividades de cooperación.

c) Dispoñer dos medios materiais e humanos necesarios para levar a cabo de forma adecuada, tanto técnica como economicamente, as tarefas correspondentes.

d) Participar a título de coordinador ou cooperante, de acordo cos artigos 10 e 11 das bases reguladoras, nun proxecto de cooperación seleccionado de acordo coas citadas bases reguladoras no marco da submedida 19.3 do PDR de Galicia 2014-2020.

e) Non ter rescindido o convenio de colaboración asinado pola Agader, xa sexa de mutuo acordo ou por acordo da Agader debido á grave irregularidade no exercicio das funcións que como grupo lle son propias.

f) Cumprir o resto das condicións que prevén as bases reguladoras.

- O grupo coordinador, os grupos cooperantes e, se for o caso, as entidades colaboradoras, subscribirán un convenio de colaboración ou documento vinculante, co contido mínimo que se detalla no anexo III das bases reguladoras.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV das bases reguladoras) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da entidade solicitante.

b) Descrición e resumo do proxecto co contido mínimo que se detalla no anexo II das bases reguladoras.

c) Un documento vinculante, co contido mínimo que se detalla no anexo III das bases reguladoras, que estea subscrito polo grupo coordinador, os grupos cooperantes e, se for o caso, as entidades colaboradoras.

d) Desagregación dos gastos por cada grupo participante e por concepto de gasto.

e) Se for o caso, convenios con terceiros.

f) Calquera outra documentación que se considere de interese para a descrición e valoración do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 215 do 12 de novembro de 2018).

    • Resolución do 6 de xullo de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 28 de xuño de 2022, polo que se modifica o Acordo do 30 de xullo de 2018 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 6 de xullo de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 28 de xuño de 2022, polo que se modifica o Acordo do 30 de xullo de 2018 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2022).

    • Resolución do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 165 do 31 de agosto de 2022).

    • Extracto da Resolución do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 165 do 31 de agosto de 2022).

    • Resolución do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 18 de agosto de 2022 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2022 e 2023, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR302B

Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

MR347A

Incrición no rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR348A

Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano