Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR673A
Rexistro de sociedades de fomento forestal.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería do Medio Rural
Este decreto ten por obxecto, de conformidade co artigo 29º da Lei 3/2007, do 9 abril, de incendios forestais de Galicia, regular o fomento das agrupacións de propietarios ou propietarias forestais mediante a constitución de sociedades mercantís de responsabilidade limitada que reúnan os requisitos que se determinan neste decreto, e que se denominan sociedades de fomento forestal.
Para tales efectos neste decreto regúlase:
a) A determinación dos requisitos que deben reunir as agrupacións de propietarios forestais para a súa consideración como sociedades de fomento forestal no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) A creación do Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal e a regulación do seu funcionamento.
c) O réxime de incentivos susceptibles de aplicación ás sociedades de fomento forestal.
Especifícamente neste decreto regúlase o Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal adscrito á dirección xeral competente en materia forestal.
Corresponderalle ao encargado/a do rexistro, nos termos previstos neste decreto:
a) Proceder á inscrición e a baixa das sociedades de fomento forestal no rexistro.
b) Proceder á inscrición previa das agrupacións de propietarios forestais que pretendan obter a cualificación de sociedade de fomento forestal, e xestionar esa situación provisional ata a súa inscrición definitiva ou a súa desestimación.
c) Cualificar os documentos que, de ser o caso, pretendan acceder aos libros do rexistro, así como a emisión de nota de defectos, se é o caso.
d) Expedir certificacións sobre as sociedades de fomento forestal inscritas no rexistro.
e) Requirir, de ser o caso, a información periódica que deberán proporcionar as sociedades inscritas no rexistro, de acordo co establecido neste decreto.
f) Colaborar e coordinar a información do Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal con outros rexistros.
g) Realizar a ordenación, tratamento e publicidade da información rexistral acumulada.
O rexistro constará das seguintes seccións:
a) Inscrición previa.
b) Inscrición.
c) Información periódica para proporcionar.
d) Baixa.
O Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal expedirá certificacións do contido do rexistros autorizadas polo encargado ou encargada do rexistro. A certificación terá carácter gratuito.
A inscrición pode ser previa ou definitiva, o período máximo de tempo durante o cal unha sociedade poderá estar na situación transitoria de inscrición previa será de doce meses. Transcorrido este período sen terse solicitado a inscrición definitiva, o encargado do rexistro dará de baixa a sociedade.
Unha vez que se procedese á obtención da cualificación como sociedade de fomento forestal, esta terá as seguintes obrigas de fornecemento de información ao rexistro:
1. No prazo máximo de dous anos desde a inscrición no rexistro, deberán presentar un instrumento de planificación da xestión forestal de acordo co estipulado no artigo 5º desde decreto.
2. Con carácter puntual:
a) Calquera tipo de modificación de estatutos ou de cambio no capital social que se produza deberá ser notificado nun período de tempo non superior a tres meses desde a súa realización. Para iso, presentará copia da pertinente escritura pública, unha vez que fose obxecto de inscrición no Rexistro Mercantil.
b) Calquera tipo de información que lle sexa solicitada polo/a encargado/a do rexistro, para o cal disporá dun prazo de trinta días desde a notificación.
3. Con carácter anual, e dentro dos nove meses seguintes ao peche de cada exercicio social:
a) Certificación emitida polo órgano de administración da cifra de capital social e das participacións sociais que o integran, distinguindo entre aquelas de clase forestal e de clase xeral, tal e como veñen definidas no artigo 7º.3, así como da superficie forestal xestionada pola sociedade e, de ser o caso, das unidades de superficie que a compoñen.
b) Copia das contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil.
A sociedade de responsabilidade limitada que teña por obxecto social o determinado no artigo 6º no decreto 45/2011, do 10 de marzo.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546112/ 981546128
Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo I.
1. Para a solicitude de inscrición:
Relación dos terreos forestais obxecto de xestión conxunta.
Escritura de constitución da sociedade.
Escrituras de modificación dos estatutos, debidamente inscritas no Rexistro Mercantil, se fora o caso.
Información sobre os elementos culturais e naturais que se deben protexer.
Información sobre as parcelas en estado de abandono ou de propietario descoñecido.
Información sobre os terreos de especial importancia polos seus valores ambientais, paisaxísticos ou culturais.
2. Para a solicitude de inscrición previa:
Escritura de constitución da sociedade.
Escrituras de modificación dos estatutos, debidamente inscritas no Rexistro Mercantil, se for o caso.
Documentación acreditativa da propiedade por parte das persoas socias de, polo menos, un 25% da superficie exixida no artigo 3º do decreto.
Acreditación da disposición dun sistema obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal que teña en conta, polomenos, os seguintes factores: superficie, cualificación do terreo e capacidade produtiva deste.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2011).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
Outros procedementos relacionados
Incrición no rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Aberto todo o ano
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Autorización e rexistro de establecementos distribuidores e dispensadores de medicamentos veterinarios e establecementos elaboradores de autovacinas de uso veterinario.
Aberto todo o ano