Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR627C
Aprobación dun documento compartido de xestión forestal.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Aprobar, segundo o disposto no artigo 78 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que conteñen os principios reitores, os criterios, requisitos, fins, a estrutura e os contidos mínimos que deberán cumprir todos os instrumentos de ordenación e de xestión dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable.
Así mesmo, o presente decreto ten por obxecto regular:
a) A elaboración dos instrumentos de ordenación e xestión forestal.
b) O procedemento de aprobación de documentos compartidos de xestión (MR627C).
O ámbito de aplicación serán os montes ou terreos forestais existentes dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deberán dotarse dun documento simple de xestión forestal, sen prexuízo do disposto no artigo 9 deste Decreto:
a) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie inferior ou igual ás 25 hectáreas en couto redondo.
b) A persoa propietaria, sexa persoa física ou xurídica, dun monte particular de superficie inferior ou igual ás 25 hectáreas en couto redondo.
Deberán dotarse dun documento compartido de xestión forestal, sen prexuízo do disposto no artigo 9 deste Decreto, o conxunto de persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares onde ningunha superficie dunha mesma propiedade poderá superar as 25 hectáreas en couto redondo.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: ABERTO
Segundo o Decreto 76/2018, o prazo de presentación de solicitudes empezará o día 22 de agosto de 2018.
1. Conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os instrumentos de ordenación e xestión forestal elaborados para os montes ou terreos forestais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán corresponderse con algunha das seguintes categorías:
a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).
b) Como instrumentos de xestión forestal:
a. Documento simple de xestión (DSX).
b. Documento compartido de xestión (DCX).
c. Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS).
2. Todos os instrumentos citados no número anterior terán a natureza de instrumentos de ordenación e xestión forestal a unha escala operativa.
Solicitude segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
Documentos acreditativos de la propiedad sobre el monte (en su caso).
Documentos acreditativos de la titularidad de derechos sobre el monte (en su caso).
Documentos acreditativos de que la persona, física o jurídica, tiene la responsabilidad de la gestión del monte (en su caso).
Documentos acreditativos de que la persona, física o jurídica, ostenta la figura de coordinador/a (en su caso).
Acreditación de la condición de representante y de los poderes que tiene reconocidos para poder actuar en nombre de la persona solicitante (en su caso).
Informe resumen firmado por la persona solicitante o su representante.
Documento en el que quede constancia de la conformidad expresa de la persona propietaria o titular de los derechos sobre el monte.
Acuerdo de la asamblea general de la comunidad propietaria, bien por medio de la copia del acta de la asamblea o bien por medio de certificación expedida por el/la secretario/a de la comunidad (en su caso).
Listado completo de personas solicitantes según el modelo específico disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia (en su caso).
Comprobación de datos.
Los documentos relacionados serán objeto de consulta a las administraciones públicas:
DNI/NIE de la persona solicitante.
DNI/NIE de la persona representante.
NIF de la entidad solicitante.
As solicitudes deberán efectuarse obrigatoriamente por medios electrónicos, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algún dos suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude, ou de calquera outro trámite, efectúa a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica nun prazo de 10 días e indicaráselle que, de non o facer así, teráselle por desistido da súa solicitude. Neste suposto, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.
As persoas físicas non comprendidas no artigo 14.2 da LPAC, poderán presentar as súas solicitudes, opcionalmente, por medios electrónicos ou presencialmente en calquera dos organismos e oficinas relacionadas no artigo 16.4 da LPAC, utilizando o documento normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Na solicitude de aprobación do proxecto de ordenación ou do documento simple ou compartido de xestión forestal deberá sinalarse o número de expediente obtido polo persoal técnico competente en materia forestal tal como dispón o artigo 12.
Os solicitantes non estarán obrigados a achegar documentos elaborados por calquera Administración, sempre que expresen o seu consentimento a que sexan consultados ou recadados da Administración competente. Presumirase que a consulta ou obtención dos documentos está autorizada polos interesados sempre que non conste no procedemento a súa oposición expresa.
Os solicitantes non terán a obriga de presentar documentos que xa achegaron anteriormente ante calquera Administración, sempre que indiquen en que momento e ante que órgano administrativo os presentaron. Presumirase que a obtención dos documentos está autorizada polos interesados, excepto no caso de que conste a súa oposición expresa no procedemento. Excepcionalmente, se non se puidera recadar os citados documentos, poderase solicitar novamente ao interesado a súa achega.
Os solicitantes obrigados á presentación electrónica da solicitude deberán presentar a documentación complementaria tamén por vía electrónica. No suposto de que a presentasen presencialmente, requiriráselles para que a presenten por vía electrónica, considerándose neste caso como data de presentación a do día da súa remisión por vía electrónica.
Os solicitantes non obrigados a presentación electrónica da solicitude presentarán a documentación complementaria, preferentemente, por vía electrónica. De optar pola súa presentación presencialmente, poderán efectualo en calquera dos lugares e rexistros relacionados no artigo 16.4 da LPAC.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir, de maneira motivada, para o cotexo das copias aportadas polo interesado, a exhibición do documento ou da información orixinal para comparalo coa copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.
As notificacións practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando o interesado resulte obrigado a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicarse por medios electrónicos.
As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal/), dispoñible no portal web institucional da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou á dirección de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).
As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fóra expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá acompañarse ao formulario de solicitude a listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.”
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
-
Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018)
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano