Guía de procedementos e servizos

MR627A

Aprobación dun proxecto de ordenación de montes.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Aprobar, segundo o disposto no artigo 78 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que conteñen os principios reitores, os criterios, requisitos, fins, a estrutura e os contidos mínimos que deberán cumprir todos os instrumentos de ordenación e de xestión dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable.

Así mesmo, o presente decreto ten por obxecto regular:

a) A elaboración dos instrumentos de ordenación e xestión forestal.

b) O procedemento de aprobación de proxectos de ordenación (MR627A).

O ámbito de aplicación serán os montes ou terreos forestais existentes dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberán dotarse dun proxecto de ordenación:

a) Os montes públicos, os montes protectores e os montes de xestión pública.

b) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo.

c) As persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie superior ás 25 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Montes de Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184575

Fax: 981184672

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294531

Fax: 982294874

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Montes de Ourense

Avda. da Habana, 79-3º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386695

Fax: 988386697

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Montes de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805411

Fax: 986805478

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

Segundo o Decreto 76/2018, o prazo de presentación de solicitudes empezará o día 22 de agosto de 2018.

1. Conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os instrumentos de ordenación e xestión forestal elaborados para os montes ou terreos forestais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán corresponderse con algunha das seguintes categorías:

a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).

b) Como instrumentos de xestión forestal:

a. Documento simple de xestión (DSX).

b. Documento compartido de xestión (DCX).

c. Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS).

2. Todos os instrumentos citados no número anterior terán a natureza de instrumentos de ordenación e xestión forestal a unha escala operativa.

  • Solicitude segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:

    • Documentos acreditativos da propiedade sobre o monte (se é o caso).

    • Documentos acreditativos da titularidade de dereitos sobre o monte (se é o caso).

    • Documentos acreditativos de que a persoa, física ou xurídica, ten a responsabilidade da xestión do monte (se é o caso).

    • Acreditación da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome da persoa solicitante (se é o caso).

    • Informe resumo asinado pola persoa solicitante ou o/a seu/súa representante.

    • Documento no que quede constancia da conformidade expresa da persoa propietaria ou titular dos dereitos sobre o monte.

    • Acordo da asamblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asamblea ou ben por medio de certificación expedida polo/a secretario/a da comunidade (se é o caso).

    • Listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (se é o caso).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

  • As solicitudes deberán efectuarse obrigatoriamente por medios electrónicos, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algún dos suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude, ou de calquera outro trámite, efectúa a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica nun prazo de 10 días e indicaráselle que, de non o facer así, teráselle por desistido da súa solicitude. Neste suposto, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

As persoas físicas non comprendidas no artigo 14.2 da LPAC, poderán presentar as súas solicitudes, opcionalmente, por medios electrónicos ou presencialmente en calquera dos organismos e oficinas relacionadas no artigo 16.4 da LPAC, utilizando o documento normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Na solicitude de aprobación do proxecto de ordenación ou do documento simple ou compartido de xestión forestal deberá sinalarse o número de expediente obtido polo persoal técnico competente en materia forestal tal como dispón o artigo 12.

  • Os solicitantes non estarán obrigados a achegar documentos elaborados por calquera Administración, sempre que expresen o seu consentimento a que sexan consultados ou recadados da Administración competente. Presumirase que a consulta ou obtención dos documentos está autorizada polos interesados sempre que non conste no procedemento a súa oposición expresa.

Os solicitantes non terán a obriga de presentar documentos que xa achegaron anteriormente ante calquera Administración, sempre que indiquen en que momento e ante que órgano administrativo os presentaron. Presumirase que a obtención dos documentos está autorizada polos interesados, excepto no caso de que conste a súa oposición expresa no procedemento. Excepcionalmente, se non se puidera recadar os citados documentos, poderase solicitar novamente ao interesado a súa achega.

  • Os solicitantes obrigados á presentación electrónica da solicitude deberán presentar a documentación complementaria tamén por vía electrónica. No suposto de que a presentasen presencialmente, requiriráselles para que a presenten por vía electrónica, considerándose neste caso como data de presentación a do día da súa remisión por vía electrónica.

Os solicitantes non obrigados a presentación electrónica da solicitude presentarán a documentación complementaria, preferentemente, por vía electrónica. De optar pola súa presentación presencialmente, poderán efectualo en calquera dos lugares e rexistros relacionados no artigo 16.4 da LPAC.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir, de maneira motivada, para o cotexo das copias aportadas polo interesado, a exhibición do documento ou da información orixinal para comparalo coa copia electrónica presentada.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

  • As notificacións practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando o interesado resulte obrigado a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicarse por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal/), dispoñible no portal web institucional da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou á dirección de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fóra expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá acompañarse ao formulario de solicitude a listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.”

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).

    • Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).

    • Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano