Guía de procedementos e servizos

MR608E

Axudas de apoio á asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 13/03/2024 00:00 - 12/04/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

A obtención de axudas destinadas ao apoio das asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais. 

1. Poderán ser entidades beneficiarias desta liña de axudas as asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais sempre que, con anterioridade á publicación desta orde, cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela.

2. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, a entidade solicitante deberá declarar na solicitude que non se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Montes de Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184501

Fax: 981184651

Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal

https://www.xunta.gal/medio-rural/directorio

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294528

Fax: 982 294 452

Email: montes.lugo@xunta.gal

https://www.xunta.gal/medio-rural/directorio

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Montes de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo

32002  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 988386457

Fax: 988 386 566

Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal

https://www.xunta.gal/medio-rural/directorio

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Montes de Pontevedra

Avda María Victoria Moreno, nº 43, 2

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805411

Fax: 986 805 485

Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal

https://www.xunta.gal/medio-rural/directorio

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Requisitos e documentación

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo VII) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo VII (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 34 desta orde, xunto cos anexos que fosen necesarios.

3. No formulario de solicitude (anexo VII) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

e) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións previstas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).

g) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.

h) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Documentación complementaria.

1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo VII) a seguinte documentación:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.

a.3) Unha memoria descritiva-económica das actuacións subvencionables polas que pide axuda, que conterá, como mínimo:

a) Descrición da situación de partida.

b) Obxectivos que se pretende acadar.

c) Actuacións solicitadas ao abeiro do disposto no artigo 30 e no anexo XIII (actuacións e importes máximos dos investimentos) xustificadas consonte os obxectivos declarados no punto anterior.

d) Valoración económica das actuacións solicitadas calculada segundo os importes (sen IVE) ou coas fórmulas que se relacionan no anexo XIII (actuacións e importes máximos dos investimentos).

e) No caso de solicitar axuda para a actuación de dotación e mantemento de infraestruturas para o desenvolvemento da actividade de comercialización: básculas e/ou creación e mantemento de cargadoiros de madeira, debe achegar unha memoria e plano de localización xeorreferenciado da intervención.

f) Resultados e melloras previstas tras a execución das actuacións.

a.4) Os orzamentos ou facturas pro forma do importe do gasto subvencionable asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior aos importes de contrato menor, segundo o establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, IVE excluído, a entidade solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se vaian realizar (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Documentación acreditativa dos criterios de priorización segundo o establecido no artigo 32.1, que se achegará nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

h) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

j) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.

k) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que na consulta de datos polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, as certificacións que debe entregar a entidade solicitante, logo de requirimento de emenda, deben ter data de expedición posterior á data de consulta.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).

    • Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F) (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).

    • Extracto da Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F) (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).

    • Resolución do 16 de setembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención presentadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F). (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro de 2024) (DOG nº 189 do 1 de outubro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano