Guía de procedementos e servizos

MR604G

Comunicación de acoutamento para aproveitamentos micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

A ordenación e regulación do aproveitamento micolóxico, mediante a recollida de cogomelos ou fungos, nos montes e terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes aproveitamentos realizaranse dentro dos límites que permitan os intereses de conservación e mellora do monte, a súa persistencia e capacidade de renovación e de acordo co disposto no capítulo VI do Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, o modelo normalizado para a súa presentación figura como anexo VIII do dito decreto. 

O aproveitamento micolóxico en montes ou terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia deberá estar regulado no correspondente instrumento de ordenación ou de xestión, validamente aprobado pola Administración forestal, no cal, de ser o caso, se sinalará, como mínimo, a superficie que será obxecto de restrición ao acceso mediante o acoutamento, e nel incluiranse as obrigas respecto ás condicións de efectuar o aproveitamento, polo que o incumprimento destas condicións implicará que se incumpre co disposto no instrumento de ordenación ou de xestión.

No caso de non contaren cun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado, a persoa propietaria do monte ou terreo forestal poderá manifestar a decisión de prohibir a entrada de persoas sen a súa autorización para a recollida de cogomelos con independencia da modalidade de aproveitamento, na totalidade ou nunha parte do seu monte mediante o acoutamento.

Para este fin deberá mediante este procedemento remitir comunicación desta decisión á xefatura territorial da consellería competente en materia de montes onde se sitúe o terreo consonte o modelo establecido no anexo VIII. Nesta comunicación faranse constar, ademais dos datos identificativos da persoa propietaria, a superficie obxecto de acoutamento e referencias catastrais afectadas ou xuntar plano do aproveitamento, e o período de validez desta comunicación.

Período de validez da comunicación de acoutamento:

Poderá ser por tempo determinado ou ben indefinidamente mentres a persoa propietaria do monte ou terreo forestal non se manifeste en contra ou ben concorran circunstancias sobre o terreo que obriguen a modificar a dita restrición. Este prazo indicarase na comunicación de acoutamento.

Dito prazo, contará a partir do día seguinte en que a comunicación da persoa interesada teña entrada no rexistro da xefatura territorial da Xunta de Galicia que corresponda, sen prexuízo das obrigas de sinalizar o perímetro sometido a restrición de acceso consonte o artigo 47 do Decreto 52/2014.

* Onde acudir: no caso de dúbidas sobre a presentación do procedemento poderá solicitar información no Servizo do 012.

Teléfonos:

Desde Galicia: 012 - 981 900 643

Desde fóra de Galicia: 981 900 643 

Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643

Correo electrónico: 012@xunta.gal

No caso de dúbidas sobre o estado de tramitación do procedemento poderá solicitar información nas unidades da consellería do Medio Rural que aparecen no apartado “onde acudir” desta guía.

Outra información sobre o estado de tramitación do procedemento:

Consellería do Medio Rural 

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Avda. San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981546112 / 981-546129 / Fax: 981546101

Servizo de Montes da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

servizo.montes.coruna@xunta.gal

Tlf.: 981184656

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo

montes.lugo@xunta.gal

Tlf.:982889222

Servizo de Montes de Ourense

Villaamil y Castro, s/n - 32071 Ourense

montes.medio-rural.ourense@xunta.gal

Tlf.: 988386701

Servizo de Montes de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º - 36071 Pontevedra

servizo.montes.pontevedra@xunta.gal

Tlf.: 986805476

Distritos forestais:

DISTRITO FORESTAL I-FERROL

Praza Camilo José Cela, s/n 15403 FERROL

Teléfono: 981337341 Fax: 981337346

DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS

O Carregal, s/n 15300 BETANZOS

Teléfono: 981775870 Fax: 981774389

Tras da Igrexa, s/n

15680 CARBALLO

Teléfono: 981755190 Fax: 981755190

DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR

Rúa Nova, 41-2º 15680 ORDES

Teléfono: 981688470 Fax: 981681798

Avda. de Santiago, 24 15810 ARZÚA

Teléfono: 981500868 Fax: 981500868

DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 15200 NOIA

Teléfono: 981824079 Fax: 981824079

DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA

Codeseiras, 11

15129 VIMIANZO

Teléfono: 981707470 Fax: 981716041

DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE

Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 LODEIRO-VIVEIRO

Teléfono: 982561018 Fax: 982561018

Rúa Pardo de Cela, 22 27740 MONDOÑEDO

Teléfono: 982507409 Fax: 982507409

DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES

Rúa Ano Vello, s/n, entrechán 27640 BECERREÁ

Teléfono: 982360713 Fax: 982369029

Lugar Os Chaos, s/n 27100 A FONSAGRADA

Teléfono: 982340474 Fax: 982340474 

DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS

Estrada Castro Caldelas, s/n 27400 MONFORTE DE LEMOS

Teléfono: 982889119 Fax: 982889125

Rúa do Rego, 3 27600 CHANTADA

Teléfono: 982440124 Fax: 982454108

DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA

Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao) 27003 LUGO

Teléfono: 982209527 Fax: 982207137

Rúa Vázquez Queipo, 25 27600 CHANTADA

Teléfono: 982533313 Fax: 982533313

DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ

Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 VILALBA

Teléfono: 982523440 Fax: 982523441

Praza do Concello, s/n 27420 MEIRA

Teléfono: 982330534 Fax: 982330534

DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO

Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4 O CARBALLIÑO

Teléfono: 988274436 Fax: 988530213

DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA

Avda. da Habana, 79-5º 32004 OURENSE

Teléfono: 988237896 Fax: 988269105

Rúa Fonte dos Canos, 6 32700 MACEDA

Teléfono: 988237896 Fax: 988463365

DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES

Casa Grande de Viloira

32300 O BARCO DE VALDEORRAS Teléfono: 988325144 Fax: 988326495

Avda. Ourense, 36

32760 CASTRO CALDELAS

Teléfono: 988203523 Fax: 988203523

DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA

Rúa Rosalía de Castro, 63-1º 32600 VERÍN

Teléfono: 988411451 Fax: 988590407

Rúa Beato Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA

Teléfono: 988594010 Fax: 988594008

DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA

Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6 32840 BANDE

Teléfono: 988444419 Fax: 988444489

Rúa Vicente Risco, 9-1º 32630 XINZO DE LIMIA

Teléfono: 988462488 Fax: 988462488

DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS

Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª 36500 LALÍN

Teléfono: 986794494 Fax: 986794495

DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA

Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B 36860 PONTEAREAS

Teléfono: 986644120 Fax: 986644030

DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO

Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros 36400 O PORRIÑO

Teléfono: 986344620 Fax: 986335455

Paseo A Xunqueira, 15-1ºB 36800 REDONDELA

Teléfono: 986402723 Fax: 986402723

DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS

Centro de Apoio Cabanas, s/n 36143 SALCEDO

Teléfono: 986868538 Fax: 986868594

Praza Ravella, 13-5º

36600 VILAGARCÍA DE AROUSA

 Teléfono: 986505778 Fax: 986505778

Persoas propietarias de montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia que desexen acoutar as súas propiedades para unha maior viabilidade e mellor aproveitamento micolóxico.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Avda. San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546112/ 981546129

Fax: 981546101

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Rúa de Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184501

Email: mediorural.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294528

Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Rúa de Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386455

Email: mediorural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805409

Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As persoas propietarias de montes teñen dereito ao acoutamento das súas propiedades, orientado á viabilidade e ao mellor aproveitamento micolóxico. Aqueles terreos coutados para o aproveitamento micolóxico deberán ser obxecto efectivo do devandito aproveitamento cada ano. Se existise instrumento de ordenación ou xestión, o aproveitamento deberá facerse consonte o establecido neste. 

Co obxecto de que sexa posible recoñecer os montes de xestión privada afectados por restricións dos aproveitamentos micolóxicos, as persoas propietarias deberán coutar e sinalizar o perímetro sometido a restrición de acceso, empregando sinais claros e facilmente visibles e sen cravar ou esgazar con calquera elemento, manual ou mecánico, as árbores de forma tal que se lles produzan dano ou feridas. Estes sinais deberán situarse ademais nos accesos principais ao monte.

Os aproveitamentos micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse nos seguintes grupos:

a)  Aproveitamentos para consumo propio: aqueles de marcado carácter consuetudinario e esporádico que presentan unha finalidade doméstica, isto é, non económica ou comercial. Enténdese por modalidade de aproveitamento para consumo propio a recolla de cogomelos de calquera especie permitida ata un máximo de 2 quilogramos por persoa e día e sempre que sexan silvestres e non produtos de plantación ou de micorrización.

b) Aproveitamentos comerciais: aqueles a través dos cales a persoa propietaria ou xestora do monte ou terreo forestal pretenda obter un rendemento económico ou lucrativo ao seu favor. En todo caso, este tipo de aproveitamento require de autorización da persoa propietaria, entendéndose que existe aproveitamento comercial cando a recolla de cogomelos de calquera especie exceda a cantidade de 2 quilogramos de peso por persoa e día ou os cogomelos non sexan silvestres.

c) Aproveitamentos con fins científicos ou didácticos: aqueles aproveitamentos que presentan un obxecto eminentemente científico-taxonómico, de identificación, de colección, educativo ou similar que deberá quedar acreditado suficientemente con anterioridade á execución do aproveitamento. En todo caso, este tipo de aproveitamento pode ser compatible con outros tipos de aproveitamentos definidos. Este aproveitamento estará limitado a 5 unidades representativas enteiras por especie.

Os aproveitamentos para consumo propio e os aproveitamentos con fins científicos ou didácticos son libres, agás que a persoa titular regule o acoutamento do seu aproveitamento no instrumento de ordenación ou xestión forestal ou comunique o acoutamento deste aproveitamento, que en calquera caso deberá sinalizar.

No caso de montes ou terreos forestais de xestión privada en que o aproveitamento micolóxico teña a consideración de comercial ou cando en calquera modalidade se estea a facer o dito aproveitamento dentro dunha superficie acoutada, requirirase autorización expresa emitida polas persoas propietarias sen intervención algunha da Administración no outorgamento de dita autorización.

Para as comunidades titulares de montes veciñais en man común será necesaria, para a dita autorización, a constancia do acordo da asemblea xeral conforme os seus estatutos e a normativa vixente na materia.

As persoas que dispoñan da citada autorización deberán levala consigo no momento de realizar o aproveitamento. Nesta deberá constar, como mínimo, a súa vixencia, o nome do monte ou terreo forestal, as referencias catastrais afectadas ou o plano coa superficie de aproveitamento autorizada, os datos identificativos da persoa a que se concede o permiso e os datos identificativos e a sinatura da persoa que outorga o devandito permiso.

En caso de aproveitamentos exercidos por un grupo de persoas organizado, o permiso explícito anteriormente mencionado poderá concederse para o grupo completo e para todo o período de tempo que dure a actividade.

Co obxecto de que os posibles recolledores/as recoñezan o monte ou terreo forestal afectado pola restrición en materia de aproveitamentos micolóxicos, as persoas propietarias destes predios deberán coutar e sinalizar o perímetro sometido a restrición de acceso. Con esta finalidade, empregaranse sinais claros e facilmente visibles coa seguinte inscrición en letras maiúsculas

«Aproveitamento micolóxico restrinxido. Prohibida a recolla de cogomelos sen autorización da persoa propietaria ou xestora».

Aqueles terreos acoutados para o aproveitamento micolóxico deberán ser cada ano obxecto efectivo de dito aproveitamento e o dito aproveitamento deberá facerse consonte o establecido no instrumento de ordenación ou de xestión, se existir.

Deberanse ter en conta as condicións específicas e prácticas prohibidas establecidas nos artigos 52 e 53 do presente Decreto.

  • Comunicación segundo o Anexo VIII. 

  • Acreditación da representación, se for o caso.

  • No caso de montes veciñais en man común, acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ou ben por medio de certificación expedida pola persoa titular da secretaría da comunidade onde se dea fe do acordo aprobado en asemblea.

  • Plano de localización da superficie obxecto de acoutamento (obrigatorio só no caso de non relacionar as referenzas catastrais afectadas).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).

    • Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano