Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR521D
Alta/baixa de explotacións nunha ADSG.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A presente orde ten por obxecto establecer a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de determinados procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O establecemento dos procedementos de recoñecemento, mantemento e extinción como agrupación de defensa sanitaria gandeira (ASDG) das entidades asociativas agrarias, e os procedementos de recoñecemento dos/as veterinarios/as responsables no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia realízase na Orde do 6 de marzo de 2007 (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2007).
O modelo para formular a comunicación de alta/baixa de explotacións nunha ASDG é o que consta no Anexo XII desta orde co código de procedemento MR521D.
Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Email: servizo.gandaria.a.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294533
Fax: 982294425
Email: ganderia.mediorural.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386514
Fax: 988386524
Email: mediorural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
Avda. Fernández Ladreda, 43
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206555
Fax: 886206590
Email: ganderia.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de comunicacións comezará o día 22 de outubro de 2018
Comunicación segundo o Anexo XII
Documentos expedidos por cada persoa titular das explotacións comunicadas, nos que se manifeste a súa adhesión ou baixa na ADSG.
Outros (indicar).
Acreditación da representatividade (se é o caso).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
NIF da entidade comunicante.
DNI/NIE da persoa representante.
- Fase de solicitude
- Comunicación (Anexo XII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia (DOG nº 88 do 8 de maio de 2001).
-
Decreto 245/2002, do 24 de xullo, polo que se modifica o Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia (DOG nº 145 do 30 de xullo de 2002).
-
Orde do 6 de marzo de 2007 pola que se establecen os procedementos relativos ao recoñecemento, mantemento e extinción das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG), e ao recoñecemento dos/as veterinarios/as responsables (DOG nº 51 do 13 de marzo de 2007).
-
Orde do 6 de setembro de 2018 pola que se regula a tramitación de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº 99 do 25 de abril de 2003).
-
Real Decreto 842/2011, do 17 de xuño, polo que se establece a normativa básica das agrupacións de defensa sanitaria gandeira e se crea e regula o Rexistro nacional destas (BOE nº 168, do 14 de xullo de 2011).
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.
Aberto todo o ano
Rexistro galego de explotacións bovinas.
Aberto todo o ano
Rexistro galego de explotacións ovinas e caprinas.
Aberto todo o ano