Guía de procedementos e servizos

MR520L

Rexistro de contedores aplicación Letra Q Multiespecie.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

A presente orde ten por obxecto establecer a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de determinados procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través do Real Decreto 217/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e contedores que interveñen no sector lácteo, así como o rexistro dos movementos do leite cru de vaca, implántase o sistema de trazabilidade do leite cru de vaca, mediante a identificación e rexistro, por parte das autoridades competentes das Comunidades Autónomas, de todos os axentes, establecementos e contedores implicados na produción, recollida, transporte, almacenamento e tratamento de leite cru de vaca. Creouse para isto a ferramenta imprescindible que permita establecer a trazabilidade do leite cru de vaca, o Módulo de Trazabilidade da «base de datos LETRA Q», unha aplicación informática integrada no sistema de información LETRA Q, onde están rexistrados todos os axentes e contedores do sector lácteo.

O modelo para a inscrición de contedores, ou comunicación de modificación de datos ou baixa no rexistro de establecementos e axentes é o que consta no Anexo XXVI da presente orde co código de procedemento MR520L.

Quen pode solicitalo

As explotacións gandeiras, operadores e transportistas.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de comunicacións comezará o día 22 de outubro de 2018

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Comunicación segundo o Anexo XXVI.

  • Outros (especificar).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:

  • DNI/NIE da persoa comunicante .

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade comunicante .

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Email: servizo.gandaria.a.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294533

Fax: 982294425

Email: ganderia.mediorural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386514

Fax: 988386524

Email: mediorural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Fernández Ladreda, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206555

Fax: 886206590

Email: ganderia.pontevedra@xunta.gal

Órgano responsable

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de setembro de 2018 pola que se regula a tramitación de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 217/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e colectores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite (BOE nº 43, do 19 de febreiro de 2004). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR407D

Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2026.

Aberto todo o ano

MR520A

Rexistro galego de explotacións bovinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR520B

Rexistro galego de explotacións ovinas e caprinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano