Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR520I
Alta / Modificación / Baixa no rexistro de establecementos SANDACH de compostaxe/fertilizantes.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A presente orde ten por obxecto establecer a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de determinados procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os requisitos e condicións para a autorización, inscrición, modificación e baixa no Rexistro de explotadores, establecementos e plantas recóllense no Regulamento (CE) 1069/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1774/2002, sobre subprodutos animais (DOUE núm. 300, do 14 de novembro de 2009), así como no Real Decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano.
Para realizar as ditas actuacións deberán empregar o modelo que consta como Anexo XXI desta orde co código de procedemento MR520I.
Persoas físicas ou xurídicas que vaian a realizar actividades de xeración de compostaxe ou fertilizantes en Plantas nas que os subproductos animais ou produtos derivados de animais son, como mínimo, parte dos materiais sometidos a degradación biológica en condiciones aerobias ou anaerobias respectivamente.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños s/n-Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997443
Fax: 881997442
Email: sspv.cmrmxunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 22 de outubro de 2018, e estará aberto permanentemente.
Solicitude segundo o Anexo XXI, totalmente cumprimentada.
Memoria de actividade, con contido mínimo de:
Obxecto do Proxecto.
Definición e categorización dos subprodutos obxecto da solicitude.
Descripción das instalacións:
Xustificación técnica detallada da tipoloxía dos almacenamentos
Capacidade máxima de almacenamento segundo os subprodutos a xestionar.
Medidas (propias ou contratadas) de limpeza específicadas: material e método. Medidas de prevención de riscos das instalacións.
Normativa aplicada.
Esquema do proceso.
Ámbito xeográgico de actuación.
Plano de localización (Con referencia SIXPAC).
Plano do establecemento.
Manual APPCC o de controis propios, segundo corresponda.
Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.
Datos dos operadores para o acceso ao RMS, de ser o caso.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XXI)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de setembro de 2018 pola que se regula a tramitación de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1528/2012, de 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subproductos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano (BOE nº 277, de 17 de novembro de 2012).
-
Real Decreto 506/2013, de 28 de xuño, sobre produtos fertilizantes (BOE nº 164, de 10 de xullo de 2013).
-
Real Decreto 476/2014, do 13 de xuño, polo que se regula o rexistro nacional de movementos de subprodutos animais e os produtos derivados non destinados a consumo humano (BOE nº 147 de 18 de xuño de 2014).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (CE) 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, de 21de outubro de 2009, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1774/2002 (Regulamento sobre subprodutos animais).
-
Regulamento (UE) 142/2011 da Comisión do 25 de febreiro de 2011, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as normas sanitarios aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano, e a Directiva 97/78/CE do Consello en canto a determinadas mostras e unidades exentas dos controis veterinarios na fronteira en virtude desta.
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.
Aberto todo o ano
Rexistro galego de explotacións bovinas.
Aberto todo o ano
Rexistro galego de explotacións ovinas e caprinas.
Aberto todo o ano