Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR405B
Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2023 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B. Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias).
Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184554/ 981182256
Fax: 981184474
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Murralla,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294465/ 982294526
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
R/ Florentino López Cuevillas, 4-6 Baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386531
Fax: 988386482
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206199/ 986805422
Fax: 886206588
Desde a opción "Tramitar en liña" poderá:
- Acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica de solicitudes de axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias. Se ten dúbidas sobre a presentación de solicitudes pode consultar esta Guía rápida de presentación de solicitudes de axuda.
Prazo de presentación: PECHADO
27/01/2023 00:00 - 27/03/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes contarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o 27 de marzo de 2023. Unha vez finalizado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.
As persoas solicitantes deberán ter en conta que, mentres non adquiran a condición de beneficiarias coa aprobación da axuda, non poderán transferir a solicitude a outra persoa física ou xurídica aínda no caso de que esta cumpra os requisitos e asuma os compromisos. Exceptúase o cambio de personalidade xurídica cando esta non implique ningún cambio na participación ou composición da persoa solicitante.
Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, todas deben:
1. Cumprir a condición de persoa agricultora activa no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.
Este requisito non será aplicable ás persoas beneficiarias da submedida 6.3.
2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader.
3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
Requisitos das persoas beneficiarias de axudas á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B):
a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe. No caso de titularidade de persoas xurídicas, estas deberán ter o domicilio fiscal na comarca ou nunha comarca limítrofe.
c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.
d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
e) A explotación non pode ter sido concesionaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, a que pode acceder mediante o seguinte enlace: https://melles.xunta.gal/melles/sede
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:
a) Acreditación do representante (se for o caso).
b) Anexo VII (se for o caso).
c) Documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, se for o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se for o caso).
d) Plan empresarial, onde se xustificará a viabilidade económica da explotación, de acordo co establecido no anexo IV.
e) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo III os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único, e o xustificante de que se asinou un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de pagamento da axuda.
f) Para ter os puntos por proxecto innovador establecido no artigo 41, presentarase certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ou dunha Axencia de Innovación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria, nin aquelas que se presenten sen a seguinte documentación mínima, e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
a) Anexo III de solicitude da axuda debidamente cuberto e asinado.
b) Plan empresarial acorde co establecido no anexo IV.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) DNI/NIE das persoas socias, de ser o caso.
f) NIF das persoas socias da explotación, de ser o caso.
g) Certificado de residencia da persoa solicitante.
h) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante e das persoas socias, de ser o caso.
i) Informe de vida laboral da empresa solicitante.
j) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e das persoas socias, de ser o caso.
k) Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante, das persoas socias e UTA da explotación, de ser o caso.
l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
m) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
n) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.
o) Inhabilitación para obter subvencións e axudas a persoa solicitante.
p) Concesión doutras subvencións á persoa solicitante.
q) Nivel de renda agraria da persoa solicitante ou das persoas socias, de ser o caso.
r) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.
s) Certificado de domicilio fiscal da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo III), ou no anexo VII, se for o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2023).
-
Orde do 23 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 40 do 27 de febreiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 23 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 40 do 27 de febreiro de 2023).
-
Orde do 28 de setembro de 2023 polo que se amplía o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2023).
-
Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano