Guía de procedementos e servizos

MR361A

Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo FEAGA.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 28/12/2022 00:00 - 31/01/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) no marco do Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión de Execución do 31 de agosto de 2022 e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2023. O código do procedemento é MR361A.

1. Poderán ser beneficiarias da intervención de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos contemplados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme ao artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, e as súas asociacións.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

d) As organizacións interprofesionais.

e) As organizacións profesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.

Este requisito non se aplicará a cooperativas que comercializan viño elaborado por elas ou polos seus membros.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os que se solicita a axuda, dedicados á produción dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, salvo nos casos de operacións de comercialización desvinculadas fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutros Estados membros, nos que o requisito esixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

4. Non poderán ser beneficiarios da axuda os que se atopen en calquera das situacións seguintes:

a) Situación de crise, segundo se define nas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crises (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

b) En proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario.

c) Ser declarado insolvente en calquera procedemento.

d) Acharse declarado en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio.

e) Estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitada conforme á Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

f) Concorran algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e, en particular aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

g) Non se atopen ao corrente das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pago coa Administración Pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda e Administración Pública).

h) Se demostre que crearon artificialmente as condicións esixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos na presente orde, tal como se establece no artigo 62 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se deroga o Regulamento (UE) 1306/2013.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Avenida do Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540025

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Fax: 981184651

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Fax: 982294452

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Fax: 988386566

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Fax: 986805485

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

28/12/2022 00:00 - 31/01/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia e termina o 31 de xaneiro de 2023.

Requisitos das solicitudes de axuda

1. As solicitudes de axuda conterán a correspondente operación a realizar así como o detalle das accións e actuacións da mesma.

2. As operacións para as que se solicite a axuda estarán claramente definidas e deberán cumprir cos requisitos establecidos no artigo 4. En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo V desta orde.

3. Os solicitantes da axuda deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 3 e achegar a seguinte información mínima:

a) Identificación do solicitante.

b) Información xeral, económica, financeira, social, comercial e técnica do solicitante.

c) Operación pola que se solicita axuda.

d) Descrición detallada das accións e actuacións propostas para a operación especificando as accións e a súa duración, e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada acción e os custos estimados de cada unha delas.

e) Calendario de execución por anualidade e xustificación por exercicio financeiro.

f) Obxectivo, ou obxectivos, xerais e estratéxicos aos que cada acción da operación pretende contribuír.

g) Xustificación detallada do cumprimento dos criterios de valoración aos que se opta.

h) Garantías de que os custos da operación proposta non superan os prezos normais de mercado e se cumpre a moderación de custos.

Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

1) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social, ou o epígrafe do Imposto de Actividades Económicas no momento de emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web nas que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

2) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

3) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e dirección da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos a súa descrición detallada.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme aos criterios e requisitos sinalados neste apartado.

i) O solicitante deberá demostrar a viabilidade económica da empresa, excepto cando sexa estatutariamente unha organización sen ánimo de lucro.

Deberá tamén demostrar que ten acceso aos recursos técnicos e financeiros suficientes para garantir que se execute a operación correctamente e que a empresa non está en situación de crise, segundo se define nas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no Anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, cada integrante deberá demostrar a capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios de forma independente de acordo á súa participación no investimento, ou ben, alternativamente, que dita asociación conta con esa capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios.

Entenderase que estes extremos non quedan demostrados e, polo tanto, o solicitante non poderá ser beneficiario da subvención, en calquera das seguintes circunstancias:

1. Cando a empresa se atope en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014). Conforme a estas considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos una das seguintes circunstancias:

1ª Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito;

2ª. Tratándose dunha sociedade na que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade;

3ª. Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a pedimento dos seus acredores;

4ª. Tratándose dunha empresa que non sexa unha Peme, cando durante os dous anos anteriores:

1. A ratio: débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e

2. A ratio de cobertura de intereses da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

As Pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na liña 3ª do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme á normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, copia dos balances e contas de explotación dos dous últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

2. Cando a empresa se atope en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme ao Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da lei concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

3. Cando os solicitantes ou beneficiarios non estean ao corrente das obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administración Pública) e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pago coa Administración Pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda e Administración Pública).

j) No caso de adquisición de edificacións deberase achegar un certificado dunha taxación independente debidamente acreditada ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no que se acredite que o prezo de compra non excede do valor de mercado, desagregando o valor do solo a prezos de mercado.

k) Información de se corresponde someter o proxecto a Avaliación de Impacto Ambiental de acordo coa normativa ambiental de aplicación.

No caso de investimentos en activos materiais consistentes en sistemas que xeren enerxía, deberá achegarse certificado ou estudo emitido por experto independente que acredite que a cantidade de enerxía anual xerada non supere a cantidade de enerxía consumida anualmente nas instalacións obxecto do investimento.

4. Debe existir coherencia entre as estratexias propostas polo solicitante, os obxectivos fixados por este e o probable efecto e éxito da operación na mellora do rendemento xeral da transformación ou comercialización, nas instalacións do solicitante e a súa adaptación ás demandas do mercado, aumento da súa competitividade ou sustentabilidade ambiental.

Non se concederá axuda algunha naqueles casos en que sexan detectadas situacións de incoherencia dentro das solicitudes de axuda ou que reflictan expectativas non suficientemente documentadas.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse ante a Consellería do Medio Rural.

2. Segundo o previsto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obrigación de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De acordo co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. As solicitudes deberán presentarse antes do 1 de febreiro de cada ano.

4. Só poderá presentarse unha solicitude por establecemento e convocatoria.

5. As solicitudes presentadas deberán conter, como mínimo, a información prevista nos anexos e:

– Cumprir co establecido nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa á medida de investimentos, así como a demais lexislación aplicable.

– Estar suficientemente desenvoltas como para que se poida avaliar a coherencia das estratexias propostas cos obxectivos fixados polo solicitante e o probable efecto e éxito da operación na mellora do rendemento xeral da transformación ou comercialización, nas instalacións do solicitante e a súa adaptación ás demandas do mercado e o aumento da súa competitividade, de acordo cos criterios establecidos no anexo III.

Documentación complementaria

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo IV, xunto coa documentación adicional seguinte:

a) Memoria: Anexo V debidamente cuberto.

b) Operación de investimento: co contido mínimo indicado no Anexo VI.

c) Relación de ofertas solicitadas e elixidas: Anexo VII debidamente cuberto.

d) Documentación adicional:

1ª . Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos a realizar.

2ª. No caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto no que se van a realizar os investimentos.

3ª. No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos últimos dous anos se son sociedades. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

4ª. No caso de que o solicitante elabore viño e embotelle máis do 51 % do viño elaborado, e non pertenza a unha denominación de orixe protexida (en diante DOP), a unha indicación xeográfica protexida (en diante IXP) ou outra figura de calidade recoñecida, deberá presentar documentación acreditativa das elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda. No caso de que o solicitante si pertenza a unha figura de calidade, a documentación acreditativa da cantidade de viño elaborado e embotellado poderá consistir nun certificado do consello regulador correspondente sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificada na campaña anterior.

5ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, certificado emitido por un experto independente que contemple os conceptos de gasto da solicitude de axuda relacionados coa eficiencia enerxética. Ademais, no caso de mellora de instalacións, a persoa solicitante deberá presentar tamén un certificado que acredite o aforro enerxético que se logrará cos investimentos obxecto de axuda relacionados coa eficiencia enerxética.

6ª. No caso de que o solicitante pretenda iniciar a actividade de transformación da totalidade da produción de uva propia, documento acreditativo da titularidade dun viñedo.

7ª. No caso de que o solicitante pertenza a unha DOP, IXP ou agricultura ecolóxica, certificado de inscrición na dita figura de calidade.

8ª. No caso de que o solicitante elabore viño sen Indicación Xeográfica con indicación de anada ou variedade, copia da etiqueta das botellas na que se visualice a anada ou variedade.

9ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados á transformación dixital da industria (industria conectada), informe da análise da madurez dixital da empresa a través da «Ferramenta de Autodiagnóstico Dixital Avanzada I (FADA)».

10ª. No caso de operacións de investimento provenientes do resultado dun grupo operativo de innovación da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

11ª. No caso de que o solicitante sexa unha Entidade Asociativa Prioritaria (EAP) recoñecida para o sector do viño, debe achegarse certificado de inscrición no rexistro correspondente.

12ª. Certificación ambiental das instalacións do solicitante, segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de novembro de 2009 relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) 761/2001 e as Decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión) ou a Norma ISO 14.001 ou Certificado Wineries for Climate Protection, no seu caso.

13ª. No caso de que o solicitante teña implantados sistemas de pago de uva ou outra materia prima (incluído mosto e viño) por calidade para a totalidade dos pagos como mínimo durante os tres anos anteriores á data da solicitude, debe achegarse as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa ou calquera outro documento válido en Dereito dos tres últimos anos.

14ª. Copia dos contratos tipo plurianuais de uva e viño vixentes á data de presentación da solicitude no caso de que o solicitante os utilice nas súas operacións correspondentes.

15ª. Certificado ou estudo emitido por experto independente que acredite que a cantidade de enerxía anual xerada non supera a cantidade de enerxía consumida anualmente nas instalacións obxecto do investimento no caso de investimentos en activos materiais consistentes en sistemas que xeren enerxía.

16ª. Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente rexistradas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

2. De acordo co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de forma motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que foi realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións Públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1. Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e o DNI/NIE no caso de persoa física.

2. Declaración da renda dos dous últimos anos.

3. Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

4. Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

5. Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública).

6. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

7. Consulta de concesións de subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (DOG nº 245 do 27 de decembro de 2022).

    • Extracto da Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (DOG nº 245 do 27 de decembro de 2022).

    • Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2023).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (DOG nº 49 do 8 de marzo de 2024).

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano