Guía de procedementos e servizos

MR361A

Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiados polo FEAGA.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 17/12/2019 00:00 - 31/01/2020 23:59

Consellería do Medio Rural

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020

As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Avenida do Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540025

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Fax: 981184651

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Fax: 982294452

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Fax: 988386566

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Fax: 986805485

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

17/12/2019 00:00 - 31/01/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comenza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 31 de xaneiro de 2020.

1. Poderán ser beneficiarias da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos, entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

d) As organizacións interprofesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, salvo nos casos de operacións de comercialización desvinculadas fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

4. Os ditos investimentos referiranse á produción, comercialización ou a ambas dos produtos vitivinícolas mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e que se producisen en territorio español.

Requisitos adicionais

1. O solicitante deberá demostrar viabilidade económica da empresa, excepto cando sexa estatutariamente unha organización sen ánimo de lucro.

Deberá tamén demostrar que ten acceso aos recursos técnicos e financeiros suficientes para garantir que se execute a operación correctamente e que a empresa non está en situación de crise, tal como se recolle no artigo 50, número 2, parágrafo terceiro, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, cada un dos integrantes deberá demostrar a capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios de forma independente de acordo coa súa participación no investimento, ou ben, alternativamente, que a dita asociación conta con esa capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios.

Entenderase que estes aspectos non quedan demostrados e, por tanto, o solicitante non poderá ser beneficiario da subvención, en calquera das seguintes circunstancias:

a) Cando a empresa se atope en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

1ª. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se acostuman considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

2ª. Tratándose dunha sociedade na cal, polo menos, algún dos socios ten unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

3ª. Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

4ª. Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

1) A ratio débeda/capital da empresa for superior a 7,5.

2) A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, for inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na alínea 3ª do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise consonte a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, copia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

b) Cando a empresa se atope en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, fose declarada insolvente en calquera procedemento, se atope declarada en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, está suxeita a intervención xudicial ou foi inhabilitada consonte a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que teña concluído o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Cando os solicitantes ou beneficiarios non estean ao día nas súas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda) e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda).

Para eses efectos, a presentación dunha solicitude de axuda significa a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o seu consentimento, e neste caso debe presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

2. Os beneficiarios das subvencións deberán acreditar a durabilidade das operacións relativas aos investimentos durante os cinco anos seguintes desde a data do pagamento final da axuda.

Deberá reembolsarse a axuda, máis os correspondentes xuros de demora, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, no caso de producirse calquera das circunstancias seguintes:

a) O cesamento ou a relocalización dunha actividade produtiva fóra da zona do programa.

b) O cambio na propiedade dun elemento de infraestrutura que proporcione a unha empresa ou un organismo público unha vantaxe indebida.

c) O cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas a ela, obxecto da axuda, e deberase acreditar de maneira fidedigna ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes. En caso contrario, calquera suposto de reintegro sería exixible sobre o beneficiario orixinal da axuda.

3. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

4. As operacións de investimento estarán claramente definidas especificando as accións e a súa duración e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada acción e os custos estimados de cada unha delas. Igualmente, especificarase o obxectivo ou obxectivos estratéxicos e xerais a que cada acción pretende contribuír. En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo V desta orde.

As operacións deberán afectar orzamentariamente como máximo dous exercicios Feaga consecutivos inmediatamente seguintes ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda.

Só serán admisibles solicitudes por operacións anuais no caso de que os conceptos de gasto se limiten ao primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

As operacións obxecto de pagamento en dous exercicios Feaga deberán ter un mínimo do 50 % do importe dos conceptos de gasto aprobados incluídos no primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

5. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no referente ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social, ou a epígrafe do imposto de actividades económicas no momento da emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos consonte os criterios e requisitos sinalados neste punto.

6. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo os gastos sinalados no anexo II, 8, a) e b), que poderán terse en consideración se se producen nos doce meses previos á data de solicitude de axuda. En todo caso, o inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica ningún compromiso por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

1. Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes deberán presentarse antes do 1 de febreiro do ano correspondente ao exercicio Feaga anterior ao que se pretenda presentar a solicitude de pagamento.

3. As solicitudes presentadas deberán conter, como mínimo, a información prevista nos anexos e:

– Cumprir co establecido nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa á medida de investimentos, así como a demais lexislación aplicable.

– Estar suficientemente desenvolvidas como para que se poida avaliar a coherencia das estratexias propostas cos obxectivos fixados polo solicitante e o probable efecto e éxito da operación na mellora do rendemento xeral da transformación ou comercialización, nas instalacións do solicitante e a súa adaptación ás demandas do mercado e o aumento da súa competitividade, de acordo cos criterios establecidos no anexo III.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo IV, xunto coa documentación adicional seguinte:

a) Memoria: anexo V debidamente cuberto.

b) Operación de investimento: co contido mínimo indicado no anexo VI.

c) Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo VII debidamente cuberto.

d) Documentación adicional:

1ª. Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se vaian realizar.

2ª. No caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van a realizar os investimentos.

3ª. No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos últimos tres anos se son sociedades.

Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e as contas consolidadas do último ano do grupo.

4ª. No caso de que o solicitante elabore viño e embotelle máis do 51 % do viño elaborado, e non pertenza a unha denominación de orixe protexida (en diante, DOP), a unha indicación xeográfica protexida (en diante, IXP) ou outra figura de calidade recoñecida, deberá presentar documentación acreditativa das elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda.

5ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, certificado emitido por un experto independente que acredite o aforro enerxético que se logrará.

6ª. No caso de que o solicitante pretenda iniciar a actividade de transformación da totalidade da produción de uva propia, documento acreditativo da titularidade dun viñedo.

7ª. No caso de que o solicitante pertenza a unha DOP, IXP ou agricultura ecolóxica, certificado de inscrición na dita figura de calidade, así como certificado do consello regulador sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificada na campaña anterior.

8ª. No caso de que o solicitante elabore viño sen indicación xeográfica con indicación de anada ou variedade, copia da etiqueta das botellas en que se visualice a indicación da anada ou variedade.

9ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados á implantación da industria 4.0 (Industria Conectada), informe da análise da madurez dixital da empresa a través da ferramenta de autodiagnóstico dixital avanzada (FADA).

10ª. No caso de operacións innovadoras recoñecidas no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

11ª. No caso de que o solicitante sexa unha entidade asociativa prioritaria (EAP) recoñecida para o sector do viño, debe achegarse certificado de inscrición no rexistro correspondente.

12ª. No caso de que o solicitante cumpra o decálogo para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria, debe achegarse certificado de inscrición na lista de adhesión do MAPA.

13ª. Certificación ambiental das instalacións do solicitante, segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) nº 761/2001 e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión) ou a Norma ISO 14.001 ou Certificado Wineries for Climate Protection, se for o caso.

14ª. No caso de que o solicitante teña implantados sistemas de pagamento da uva por calidade, deben achegarse as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa ou calquera outro documento válido en dereito.

15ª. Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

1. Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e o DNI/NIE no caso de persoa física.

2. Certificado da renda dos tres últimos anos.

3. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

4. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

5. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

6. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

7. Consulta de concesións de subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).

    • Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG nº 238 do 16 de decembro de 2019).

    • Extracto da Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG nº 238 do 16 de decembro de 2019).

    • Corrección de erros. Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG núm. 27 do 10 de febreiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano