Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR331B - Execución de proxectos innovadores de grupos operativos da AEI en materia de produtividade e sustentabilidade, agrícola e forestal.
Concesión das subvencións para a execución de proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2024.
Polo tanto, con base no establecido na presente resolución financiaranse proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI seleccionados, cubrindo os gastos derivados da súa execución. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.
Os grupos operativos estarán formados por persoas físicas e/ou xurídicas.
1. Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das subvencións obxecto desta resolución as persoas físicas ou xurídicas, incluídas as administracións públicas, que formen parte dun Grupo operativo da AEI-Agri (GO), constituído para a preparación e execución dun ou máis proxectos dirixidos á modernización do sector agroalimentario ou forestal, así como os grupos operativos da AEI constituídos como unha entidade xurídica.
2. Para esta liña de axuda pode haber varias entidades beneficiarias por proxecto en función da súa implicación e de acordo co documento vinculante ou acordo de asociación subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de entidades beneficiarias por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.
3. Para poder ter condición de entidades beneficiarias, deben estar formando parte do grupo operativo constituído, coa única finalidade de executar o proxecto para o que se presenta a esta convocatoria. Deberán achegar o documento constitutivo do grupo operativo debidamente asinado co compromiso de cada un dos compoñentes.
4. Poderán ser entidades beneficiarias os membros do grupo operativo que teñan a condición de:
– Produtores agrarios e forestais e as súas agrupacións ou asociacións ou redes.
– Empresas ou industrias do sector agroalimentario e forestal e as súas agrupacións ou asociacións que teñan a consideración de pemes.
– Cooperativas agrarias e as súas asociacións ou federacións.
– Comunidades de regantes.
– Centros de investigación e experimentación, centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades que consideren no seu obxectivo social a innovación, investigación e/ou experimentación en áreas agropecuarias, forestal, agroindustrial (incluíndo industria forestal) ou de calidade agroalimentaria.
– Asesores e/ou axentes de innovación.
1. As entidades beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Terán sede social en Galicia.
b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Avenida do Camiño Francés, nº 10
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546662
Email: transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).
Extracto da Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59
As solicitudes estarán dirixidas á Axencia Galega da Calidade Alimentaria e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 3 e 4 da presente resolución. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución na que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria poderá solicitar calquera aclaración ou documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.
Documentación complementaria .
1. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (datos, declaracións e consentimentos das persoas participantes distintas da persoa solicitante e das persoas colaboradoras) cos datos das entidades participantes no grupo operativo distintas do solicitante e dos colaboradores.
b) As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar co anexo II a seguinte documentación:
1º. Relación do persoal participante (anexo IV).
2º. Xustificación detallada do custo do proxecto (anexo VI). Xustificarase de forma pormenorizada cada un dos importes reflectidos nas distintas partidas do orzamento para os efectos de poder avaliar a coherencia e adecuación do orzamento ás actividades propostas, a súa desagregación adecuada e a claridade na súa xustificación.
3º De ser o caso, declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. En caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.
c) Memoria cega do proxecto en que se fará, segundo as epígrafes do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia na súa contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá pór ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).
d) Relación do persoal participante no proxecto de cada unha das entidades integrantes do grupo operativo e unha estimación das horas que dedicará ás distintas tarefas no proxecto (anexo IV).
e) Memoria científico-técnica para todas as actividades dos membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (anexo V), na que conste:
1º. Un resumo do proxecto que inclúa a descrición da contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos.
2º. Unha introdución na que se presente a situación actual do tema no que se vai traballar na iniciativa de cooperación e xustificación da execución da acción e o proxecto que se propón.
3º. Achegas concretas ao estado actual do coñecemento e a ciencia.
4º. Viabilidade da innovación proposta.
5º Obxectivos e resultados potenciais do proxecto, que incluirá argumentos que avalen a innovación (claros e específicos).
6º. Metodoloxía usada no proxecto que avale a consecución dos obxectivos propostos.
7º. Plan de traballo para desenvolver no tempo de execución, no cal se inclúan as actividades que van realizar cada unha das partes que colaboran, cun calendario de execución, indicando as datas de inicio e fin das actividades, así como o orzamento previsto para cada unha delas.
8º. Cronograma do proxecto trasladado a un diagrama de GANTT no que se inclúa as actividades que van realizar por unha das partes que colaboran e o seu desenvolvemento temporal.
9º. Plan de divulgación dos resultados detallando e especificando individualmente os medios e alcance da publicación autonómica, nacional ou internacional, así como a programación temporal das actividades de divulgación. Os beneficiarios comprometeranse á divulgación dos resultados, polo menos a través da internet, e obrigatoriamente a través da rede da Axencia Europea da Innovación (AEI).
10º. Beneficios que poidan derivarse do proxecto cara ao sector implicado, desde o punto de vista da súa repercusión económica, ambiental e social.
11º. Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.
12º. Orzamentos do custo total do proxecto e o correspondente a cada unha das entidades beneficiarias do grupo operativo que colaboran neste, especificando a contía subvencionable de cada parte, con detalle dos diferentes conceptos de gasto especificados no artigo 6 desta resolución. No caso de incluír no orzamento material inventariable ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, os solicitantes achegarán unha memoria xustificativa.
f) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias no proxecto. Especificarase segundo as tarefas encomendadas a cada unha delas (anexo VI).
g) Documento vinculante ou acordo de asociación que reflicta a relación e compromisos entre os membros do grupo operativo, asinado polos seus correspondentes representantes.
h) De ser o caso, declaración responsable sobre a exención de declaración de IVE. En caso de non presentar esta declaración entenderase que o IVE é recuperable e, polo tanto, non subvencionable.
i) Infografía con formato libre, que deberá incluír o título da iniciativa e o ámbito territorial desta, unha breve presentación das entidades participantes na acción de cooperación xustificando a complementariedade entre perfís e o equilibrio na composición do grupo formado en relación cos obxectivos do proxecto, a viabilidade técnica, económica e ambiental do proxecto, o problema que se pretende resolver ou a mellora que se busca, os resultados esperados, a aplicabilidade ao sector produtivo do rural galego, e por último, que ODS resolve.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas ou as persoas traballadoras autónomas presenta a documentación complementaria presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non obstante o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación debidamente cuberta considerarase mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes:
a) Solicitude da axuda cos datos de identificación do proxecto e das entidades participantes (anexo I).
b) Datos, declaracións e consentimentos das entidades participantes distintas do solicitante e das colaboradoras (anexo II).
c) Memoria cega do proxecto na que se fará, segundo as divisións do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo transversal da PAC e a un, ou máis, dos seus obxectivos específicos. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá pór ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).
d) Memoria científico técnica con todas as súas partes completas, na cal se describan todas as actividades dos membros do grupo operativo na acción de cooperación (anexo V).
Non serán admitidas aquelas solicitudes que non presenten a antedita documentación debidamente completada e asinada. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. Só no caso de que o contido da memoria científico-técnica (anexo V) non permita coñecer claramente a innovación proposta poderase requirir a súa emenda con este fin.
6. No suposto de que a solicitude, no referente á documentación non incluída no punto 5 deste artigo, non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que nun prazo de dez días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao de acceso ao requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, e se arquivarán as actuacións, despois da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma solicitante.
c) NIF da entidade partícipe.
d) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma partícipe.
e) NIF da entidade representante, tanto do solicitante como do partícipe.
f) DNI/NIE da persoa representante, tanto do solicitante como do partícipe.
g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante AEAT), tanto do solicitante como do partícipe.
h) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social, tanto do solicitante como do partícipe.
i) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto do solicitante como do partícipe.
j) Concesións de subvencións e axudas, tanto do solicitante como do partícipe.
2. As empresas, as persoas traballadoras autónomas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, segundo proceda, e achegar os documentos pertinentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, da persoa traballadora autónoma ou da persoa representante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fase de solicitude
- Memoria cega (Anexo III)
- Datos, declaracións e consentimentos das persoas participantes distintas da persoa solicitante e das persoas colaboradoras (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Relación do persoal participante no proxecto (Anexo IV)
- Xustificación detallada do custo do proxecto (Anexo VI)
- Memoria científico - técnica (Anexo V)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo C (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo D (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo A (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo H (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo E (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo B (Anexo VII)
- Documentación para solicitude de pagamento e xustificación da subvención. Modelo G (Anexo VII)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas a actividades de demostración e accións de información.
Inscrición de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria.
Autorización para impartición de actividades de formación contínua e transferencia de tecnoloxía agraria.
Axudas a intercambios e visitas a explotacións.