Guía de procedementos e servizos

MR204A

Axudas para a programación de accións formativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 22/02/2019 00:00 - 21/03/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a levar adiante actividades de formación continua profesional orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2019.

O código do procedemento regulado nesta resolución e que facilitará a identificación da sede electrónica da Xunta é o MR204A.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta resolución realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva.

Gastos subvencionables.

Só serán subvencionables os custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio e que respondan á natureza da actividade subvencionada.

1. As axudas previstas nesta resolución destinaranse a cubrir os gastos, efectuados posteriormente á presentación da solicitude da axuda, que estean directamente relacionados coa realización das accións formativas propostas, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan, e sempre que non se superen as contías máximas establecidas no artigo 5:

a) Gastos de profesorado: incluirá a impartición das ensinanzas das distintas accións formativas, tanto das horas teóricas como das horas prácticas presenciais: máximo 60 €/hora presencial e máximo 1 €/hora semipresencial e alumno.

O cálculo de gastos de profesorado realizarase sobre o número de horas mínimo exixido na normativa reguladora correspondente.

No caso de subcontratación de docentes, en ningún caso se poderá exceder o 50 % do importe de cada acción formativa xustificada.

b) Material didáctico (incluído material de prácticas): 0,50 € por alumno e hora de actividade formativa, ata un máximo dun 25 % do importe total dos gastos subvencionables do curso.

O cálculo de gastos de material didáctico realizarase sobre o número de horas mínimo exixido na normativa reguladora correspondente e un máximo de 30 alumnos.

c) No suposto de que a acción formativa comporte a organización de visitas, sempre e cando sexan autorizadas segundo o artigo 5.5, a maiores financiarase o 100 % dos gastos de desprazamento nun medio de transporte colectivo, debidamente xustificada a oportunidade e necesidade do uso dese transporte concreto.

2. A formación será totalmente gratuíta para todo o alumnado das accións formativas derivadas desta resolución.

Gastos non subvencionables.

Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude, nin os derivados dos requisitos que teñen que cumprir os solicitantes para poder concorrer a esta convocatoria.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades colaboradoras privadas inscritas no Rexistro Administrativo de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural, que deberán cumprir co establecido na Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para realizar actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria, e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificados e diplomas oficiais por parte da Administración pública, así como no Rexistro de Entidades de Formación en Materia de Benestar Animal, reguladas polo Decreto 60/2007, do 22 de marzo, e demais normas que se desenvolvesen ao abeiro da súa normativa.

2. Non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades que:

a) Se beneficiasen dunha axuda anterior declarada incompatible por unha decisión da Comisión, ata que esa entidade reembolse o ingresado ilegalmente cos correspondentes xuros de recuperación.

b) As empresas en crise definidas no punto 35.15 das directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícolas e forestais nas zonas rurais do período 2014 a 2020.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

1. Facer constar en todos os documentos e publicidade das actividades formativas o anagrama da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), o emblema da UE e unha referencia á axuda do Feader. Así mesmo, no desenvolvemento da dita actividade, infórmaselles aos participantes que está financiada pola Consellería de Medio Rural, polo MAPA e polo Feader.

Nos locais de impartición das accións formativas deberán figurar, sempre en lugar visible, a publicidade da actividade e o cartel do cofinanciamento (anexo VII), que permanecerán expostos ao longo da realización da dita actividade e deberán presentar en formato electrónico algunha proba documental da súa exposición.

En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

Os carteis, paneis ou placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e dos elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

2. Comunicarlle á Agacal calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar o desenvolvemento da actividade.

3. Realizar o reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.

4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) 809/2014.

5. Conforme o disposto no artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios da axuda deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á acción de formación subvencionada.

6. Someterse ás actuacións de supervisión e control que en calquera momento poidan acordar os servizos competentes da Agacal, tanto no relativo ao desenvolvemento da actividade como á súa xestión e tramitación administrativa.

7. O Regulamento (UE)1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello establece no artigo 71 o compromiso por parte dos beneficiarios de axudas, no marco das medidas de desenvolvemento rural, de proporcionarlle á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

8. Cubrir, antes do inicio do curso, unha ficha de cada alumno, segundo o modelo que se xunta como anexo VIII.

9. Formalizar a documentación solicitada no anexo IX: comunicación previa ao inicio do curso.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Avda. do Camiño Francés, 10

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546679

Fax: 981546651

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

22/02/2019 00:00 - 21/03/2019 23:59

Un mes contado a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. As entidades, empresarios individuais ou autónomos solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscrita/o nos rexistros administrativos correspondentes segundo o tipo de formación solicitada e indicados no artigo 2.1 desta resolución.

b) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

c) Cumprir coas súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

d) Dispor dunha póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se realizarán as actividades e da póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra a totalidade do persoal docente e do alumnado.

e) No caso de persoa xurídica solicitante, posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar. No caso de persoa física ou xurídica solicitante, non estar inhabilitada para a obtención da subvención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou con outros entes públicos.

f) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Cualificacións mínimas do persoal docente.

a) Titulación universitaria de grao superior ou medio en materias agrarias e afíns.

b) O persoal docente de prácticas poderá contar coa titulación de formación profesional dos ciclos medio e superior da familia profesional agraria ou asimilados.

c) Poderán ser docentes de accións de formación práctica os titulares de explotacións agrarias, titulares forestais ou da empresa agroalimentaria e forestal que acrediten una experiencia no sector mínima de 5 anos.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades colaboradoras referidas no artigo 2 que teñan a condición de persoa xurídica.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Se a documentación presentada estivese incompleta, será requirido o solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, que comenzará a contar o día seguinte ao de recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se terá por desistido da súa petición e se arquivarán as actuacións logo da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    • a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

    • b) Memoria descritiva das accións formativas que se van desenvolver (anexo II), coa indicación dos seguintes contidos: tipo de acción ou accións formativas solicitadas, obxectivos, colectivo a que van dirixidas, orzamento e, se é o caso, descrición da viaxe formativa programada asociada a un curso ou cursos concretos.

    • c) Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se realizarán as actividades e copia da póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra a totalidade do persoal docente e do alumnado ou, no seu defecto, o compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva. Esta documentación deberá estar sempre actualizada e á disposición da Administración para a súa comprobación.

    • d) Anexo III (bis). Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE, se se trata de empresarios individuais, e NIF, no caso das persoas xurídicas.

  • b) Certificados de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e de obrigas tributarias coa Atriga.

  • c) Titulación universitaria ou titulación non universitaria do persoal docente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2019).

    • Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019) (DOG nº 123 do 23 de xuño de 2020).

    • Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019) (DOG nº 127 do 6 de xullo de 2021).

    • Corrección de erros. Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro) (DOG nº. 131 do 12 de xullo de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200A

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200B

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios

Tramitar en liña

Aberto todo o ano