Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN857A
Avaliación da actividade investigadora de persoal investigador contratado pola Axencia Galega de Innovación baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (Programa Oportunius).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto desenvolver o procedemento (código IN857A) e o baremo de avaliación das persoas investigadoras contratadas pola Axencia Galega de Innovación baixo a modalidade de persoal investigador distinguido de acordo co disposto no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.
Criterios de avaliación.
1. Para a primeira avaliación teranse en conta os méritos correspondentes ao período transcorrido entre o inicio do contrato e a solicitude de avaliación. Para as seguintes avaliacións consideraranse os méritos obtidos no período de 5 anos transcorridos desde a última avaliación.
2. A avaliación realizarase de acordo co baremo que figura no anexo II desta orde.
3. O resultado da avaliación cualificarao a comisión avaliadora, en función da puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:
a) Pauper: inferior a 15 puntos. Neste caso a Axencia Galega de Innovación designará unha nova persoa avaliadora que deberá ratificar este resultado. De non producirse a ratificación reiniciarase o proceso de avaliación coa designación de novas persoas avaliadoras.
b) Malus: maior ou igual a 15 puntos e inferior a 40 puntos.
c) Bonus: maior ou igual a 40 puntos e inferior a 85 puntos.
d) Eminens: maior ou igual a 85 puntos.
Persoas investigadoras contratadas pola Axencia Galega de Innovación.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541078
Email: persoal.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
No primeiro trimestre de cada ano.
O persoal investigador contratado pola Axencia Galega de Innovación poderá solicitar a primeira avaliación voluntariamente no primeiro trimestre do terceiro ou cuarto ano de vixencia do seu contrato. De non facelo, neste período voluntario, deberá solicitala no primeiro trimestre do quinto ano de vixencia do seu contrato. As seguintes avaliacións, se é o caso, deberanse solicitar transcorridos 5 anos da avaliación anterior. As situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade, ampliarán o cómputo da duración do contrato.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes deberán ir acompañadas dunha relación dos méritos alegados, ordenados de acordo coa epígrafe do baremo en que se pretende que sexan obxecto de avaliación. Para cada achega deberán indicarse os datos necesarios para a súa localización e identificación. A comisión avaliadora poderá requirir á persoa solicitante por medio da Gain a remisión dunha copia de algunha ou todas as achegas alegadas.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2016).
-
Orde do 29 de agosto de 2018 pola que se desenvolven o procedemento e o baremo para a avaliación da actividade investigadora de persoal investigador contratado pola Axencia Galega de Innovación baixo a modalidade de persoal investigador distinguido (Programa Oportunius) (DOG nº 181 do 21 de setembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i.
Prazo pechado: 14/02/2024 00:00 - 15/11/2024 23:59
Axudas do Programa Nexos.
Prazo pechado: 13/08/2025 00:00 - 22/09/2025 23:59
Subvencións para proxectos de I+D ou innovación en materia de proceso ou organización, Liña 1.
Prazo pechado: 16/02/2021 00:00 - 22/04/2021 23:59
Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.
Prazo pechado: 16/02/2021 00:00 - 22/04/2021 23:59