Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN848C
Emprego xuvenil innovador
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código procedemento IN848C).
3. As axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do que o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
En virtude do anterior, as empresas deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
Actividades subvencionables.
1. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2021 ata o 1 de novembro de 2021, ambas inclusive, coas seguintes características:
a) As actividades de I+D+i que realicen o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estar aliñadas cos retos e coas prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (anexo III).
b) O contrato de traballo que se formalice deberá ser a tempo completo e poderá ser indefinido ou de duración determinada mínima de 12 meses. Ademais, deberá respectar o grupo de cotización correspondente á titulación da persoa contratada, segundo a táboa do punto 2 deste artigo.
c) A retribución salarial anual bruta que percibirá por cada persoa tecnóloga contratada deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 19.000 euros.
d) O persoal contratado deberá cumprir, no momento de formalizar o contrato, os seguintes requisitos:
1º. Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos.
2º. Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:
– Título universitario medio ou superior (titulación de grao): licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado, diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
– Título de formación profesional de grao superior ou equivalente.
No caso de estar en posesión dun título obtido nun país estranxeiro, a dita titulación deberá ser equiparable en capacitación a algunha das anteriores.
3º. Non ter experiencia laboral superior a 36 meses nos grupos de cotización á Seguridade Social correspondentes á súa titulación. Para o cómputo desta experiencia non se terán en conta as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións correspondentes, as prácticas non laborais ou as bolsas.
4º. Non ter sido contratado nos 6 meses anteriores pola entidade solicitante nos grupos de cotización á Seguridade Social correspondentes á súa titulación.
5º. Non ter sido subvencionada a súa contratación á entidade solicitante ao abeiro das resolucións do 2 de xuño de 2016, do 8 de xuño de 2017, do 24 de abril de 2018, do 17 de decembro de 2018 e do 23 de decembro de 2019, polas que se convocou o programa Principia para os anos 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020.
2. Para os efectos do disposto nesta convocatoria, consideraranse grupos de cotización correspondentes á titulación do persoal contratado os que se correspondan coa seguinte táboa:
Titulación: Título superior universitario (licenciado universitario, arquitecto, enxeñeiro ou grao). Grupo/s de cotización á Seguridade Social: 1 ou 2
Titulación: Título medio universitario (graduado, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou grao). Grupo/s de cotización á Seguridade Social: 1 ou 2
Titulación: Título de formación profesional de grao superior ou equivalente. Grupo/s de cotización á Seguridade Social: 1 ou 23 ou 5
3. As entidades, que así o soliciten, poderán ser beneficiarias dun bono para a formación segundo as definicións dos artigos 2.8, 2.9, 2.10 e 2.11 desta convocatoria, coas seguintes características:
a) A persoa beneficiaria que recibe a formación ten que ser a mesma que participa no programa Principia 2021 e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen nos puntos 1 e 2 do presente artigo.
b) A acción formativa será impartida por un provedor externo e terá unha duración total mínima de 40 horas.
c) As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas por medio da súa contratación, podendo realizalas tanto nas súas instalacións como nas da entidade encargada da formación e dentro dos prazos que se establecen no punto seguinte.
d) As accións formativas requirirán de validación previa por parte da Axencia Galega de Innovación. O prazo para solicitar a validación será de 10 días contados a partir da data de cada contrato incentivado subscrito ou desde o día seguinte ao da notificación da resolución, para o caso de contratacións xa realizadas antes da dita notificación e, en todo caso, ata o 10 de novembro de 2021 (inclusive).
e) A acción formativa deberá realizarse no prazo dos 12 primeiros meses desde a realización de cada contratación incentivada. No caso de producirse substitucións do perfil incentivado, segundo o establecido no artigo 23 da convocatoria, algún dos perfís debe recibir a formación de forma completa.
f) Exclúense aquelas formacións que supoñan o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
4. A selección e contratación de cada persoa tecnóloga, así como a determinación das súas condicións laborais e funcións, serán competencia exclusiva da entidade solicitante. Esta asume a súa condición de empregadora respecto ao devandito persoal e o compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de contratación.
a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Obrigas dos beneficiarios.
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas bases reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión e no documento en que se establecen as condicións da axuda.
b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases da convocatoria e na normativa reguladora das subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión e o desfrute da subvención.
c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma galega e realizar en Galicia as actividades susceptibles de obter axuda por medio desta convocatoria.
g) Aboar ás persoas contratadas o salario que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexa acorde á súa categoría profesional e titulación. O dito salario, tal e como establece o artigo 4.1.c) desta resolución, deberá constar de forma expresa no contrato de traballo.
h) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actividades aprobadas.
i) Comunicar á Axencia Galega de Innovación as incidencias, como renuncias, interrupcións e outras, que ocorran en relación co contrato laboral obxecto da axuda. As ditas incidencias deberán comunicarse no prazo máximo de 15 días naturais desde a data en que se produzan.
j) Dar publicidade, nos termos establecidos na resolución de concesión, ao carácter público do financiamento do contrato e da actividade obxecto da axuda, facendo referencia expresa nos contratos laborais así como nas publicacións de todo tipo, relatorios, actividades de difusión de resultados e calquera outra actuación relacionada coa actividade de I+D+i en que estea implicado o persoal contratado, mencionando expresamente a súa convocatoria e orixe.
Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará a axuda financeira da Xunta de Galicia e da Axencia Galega de Innovación, nun lugar visible para o público das instalacións do beneficiario, por exemplo, no lugar de traballo da persoa contratada.
O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente da páxina web da empresa, de existir esta.
En todas as obrigas descritas con anterioridade deberán figurar os logotipos institucionais cumprindo co Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia acompañado co texto «persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 11 de febreiro de 2021 (programa Principia)».
As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.
k) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación.
No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de innovación, durante a execución e á finalización da axuda, os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i e os de produtividade do proxecto.
l) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia para o cal será convocado expresamente con antelación. A dita xornada deberá acudir como mínimo unha persoa do nivel axeitado pertencente ao cadro de persoal do beneficiario vinculada ás tarefas de innovación.
m) Manter a duración temporal de cada contratación incentivada establecida na resolución de concesión. Para o caso de contratacións indefinidas, manter no seu cadro de persoal fixo o persoal contratado durante un período de 2 anos contados desde a data de realización da contratación.
Para os efectos de xustificación final da axuda percibida, as entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:
m.1) No prazo de trece meses contados desde o inicio de cada contratación incentivada (incluídas as posibles substitucións):
– Copias das nóminas aboadas ao persoal contratado, así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento, e mais os impresos de liquidación nominal do IRPF e xustificantes do seu pagamento, unha vez se dispoñan deles.
– Memoria final resumo das actividades de I+D+i realizadas polo persoal contratado.
– Facturas que acrediten a realización da acción formativa, previamente validada, que detalle a denominación da acción formativa, o número de horas impartidas e o importe total correspondente. Así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento.
– No caso de accións formativas impartidas na modalidade presencial, copia dos partes de sinaturas asinados pola persoa que imparte a formación e pola persoa traballadora por cada sesión diaria de formación.
– No caso de accións formativas impartidas na modalidade de teleformación a través de aula virtual, rexistro das conexións xerado pola aplicación da aula virtual en que se identifique, para cada acción formativa desenvolvida a través deste medio, as persoas participantes na aula, así como as súas datas e tempos de conexión. Cando iso non sexa posible, a participación poderase constatar mediante declaración responsable conxunta asinada pola persoa que imparte a formación e pola persoa traballadora.
– Informe de aproveitamento favorable asinado pola persoa que imparte a formación e pola persoa traballadora.
m.2) No prazo dun mes contado desde o remate da duración temporal de cada contratación incentivada por un prazo superior aos 12 meses, ou desde o transcurso do período de 2 anos para o caso das contratacións indefinidas:
– Copia da vida laboral actualizada do persoal contratado, se é o caso.
n) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
ñ) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n. (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999121/ 881999529/ 981957008
Fax: 981957007
Email: servizos.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/03/2021 00:00 - 15/04/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Non poderán acceder á condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Memoria da/das actividade/s de I+D+i que se van realizar, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
b) Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.
c) Se é o caso, de ter concedida algunha axuda, copia da resolución de concesión.
d) Se é o caso, acreditación da condición de iniciativa de emprego de base tecnolóxica, consonte as definicións do artigo 2 desta convocatoria.
e) Se é o caso, acreditación do selo de peme innovadora vixente, consonte as definicións do artigo 2 desta convocatoria.
f) Se é o caso, vida laboral detallada actualizada, na data de solicitude do Principia 2021, dunha persoa contratada ao abeiro da convocatoria Principia 2018 que continúe, sen substitucións e no mesmo grupo de cotización, na mesma entidade beneficiaria.
g) Se é o caso de ter concedida algunha axuda para proxectos de I+D+i, copia da resolución de concesión das últimas tres anualidades.
h) Se é o caso, informe motivado vinculante das actividades de I+D+i das últimas tres anualidades.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Concesións pola regra de minimis.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Certificado discapacidade das persoas contratadas.
k) Títulos oficiais universitarios correspondentes ás persoas contratadas.
l) Títulos oficiais non universitarios correspondentes ás persoas contratadas.
m) Informe de vida laboral das persoas contratadas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase posterior
- Documento de información ao persoal contratado (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 50 do 15 de marzo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (empresas) (DOG nº 50 do 15 de marzo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (organismos de investigación públicos ou privados) (DOG nº 50 do 15 de marzo de 2021).
-
Resolución do 15 de xullo do 2021 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), convocadas pola Resolución do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 15 de marzo) (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2021).
-
Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), convocadas pola Resolución do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 15 de marzo), derivadas de novas adxudicacións da lista de suplentes (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
Resolución do 29 de outubro de 2021 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), convocadas pola Resolución desta axencia do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 15 de marzo), logo de se realizaren novas adxudicacións da lista de suplentes (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano