Guía de procedementos e servizos

IN646C

Emisión de certificado ATP a vehículos importados de transporte de mercadorías perecedoiras.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Previo á matriculación dos vehículos importados, dedicados ó transporte de mercedorías perecedoiras, é preciso que conten co certificado de conformidade (ATP), que é emitido pola Comunidade Autónoma , de acordo co especificado no Real Decreto 237/2000, modificado polo Real Decreto 380/2001.

Cada vehículo importado deberá ser sometido a unha inspección previa por parte dun Organismo de Control Autorizado , que emitirá a correspondente acta de inspección , así como a de conformidade do vehículo, e remitirá o expediente completo (coa documentación orixinal) á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, para a correspondente emisión do certificado.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Rúa Avelino Pousa Antelo 5, San Lázaro (Edificio INEGA)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957186/ 981545572

Email: cei.sxai@xunta.gal

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Expedición de certificado de ATP para vehículos importados destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras ( 32.07.21)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante do pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.21).

  • Acta de conformidade do vehículo especial co tipo.

  • Ficha de características do vehículo especial.

  • Certificado internacional ATP do país de orixe en vigor.

  • Ficha de características tecnicas emitida polo fabricante da caixa, furgón, contedor ou cisterna.

  • Acta de ensaios do propio vehículo ou do correspondente prototipo.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Acordo sobre transportes internacionais de mercancías perecederas e sobre vehículos especiais utilizados nestes transportes (ATP) (BOE nº 280, de 22 de novembro de 1976).

    • Real Decreto 237/2000, de 18 de febreiro, polo que se establecen as especificaciones técnicas que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control de conformidad coas especificaciones (BOE nº 65 do 16 de marzo de 2000).

    • Corrección de erros do Real Decreto 237/2000, de 18 de febreiro, polo que se establecen as especificaciones que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control de conformidad coas especificaciones (BOE nº 180, de 28 de xullo de 2000).

    • Real Decreto 380/2001, de 6 de abril, polo que se modifica o apartado 4 do artigo 9 do Real Decreto 237/2000, de 18 de febreiro, polo que se establecen as especificaciones técnicas que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control de conformidad coas especificaciones (BOE nº 96 do 21 de abril de 2001).

    • Orde ITC/2590/2010, de 30 de setembro, pola que se modifican os anexos e apéndices do Real Decreto 237/2000, de 18 de febreiro, polo que se establecen as especificaciones técnicas que deben cumprir os vehículos especiais para o transporte terrestre de produtos alimentarios a temperatura regulada e os procedementos para o control de conformidad coas especificaciones (BOE nº 242, de 6 de outubro de 2010).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF301S

Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302B

Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302C

Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Aberto todo o ano